Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez salienta o papel da viticultura na dinamización do rural na Feira do Viño de Monterrei
A conselleira do Medio Rural tamén sinalou que a produción de viño é un motor de crecemento sostible, que fortalece a economía galega e que se consolida como piar fundamental para un rural “moderno e atractivo”
Medio Rural aproba os cambios para adaptar os viños Ribeiras do Morrazo á realidade produtiva e vitivinícola da zona
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que oficializa a modificación do prego de condicións desta Indicación Xeográfica Protexida
María José Gómez pon en valor o apoio para a conservación das razas autóctonas en perigo de extinción na visita á finca Armariz do Inorde
A Consellería do Medio Rural firmará proximamente convenios coas entidades colaboradoras para este fin, cun importe total que supera os 2,5 millóns de euros de maneira conxunta
Medio Rural pon en valor as achegas de máis de 1,3 M€ para o sector vitivinícola da Ribeira Sacra
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou a adega Alma das Donas en Pantón, onde salientou o labor que desenvolven as persoas viticultoras na conservación da contorna paisaxística, na loita contra a erosión dos viñedos, así como na fixación de poboación no rural
María José Gómez destaca a aposta polo uso de maquinaria agrícola en común cunha segunda orde de axudas este ano
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova convocatoria, cunha dotación inicial de 400.000 euros e a posibilidade de incrementarse ata os 3,2 millóns
A Xunta salienta o papel da Festa do Galo Piñeiro como referente na promoción do produto autóctono e na dinamización social e económica do rural galego
O evento ten como obxectivo poñer en valor esta especie autóctona con raíces na época celta a través dun amplo programa de actividades que inclúe gastronomía, música, exhibicións e un certame de premios para os mellores exemplares