Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.020 novas da área temática Áreas temáticas:

03/07/2026 | 15:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reparte bolsas reutilizables en Ferrol polo ‘Día internacional libre de bolsas de plástico’

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou na iniciativa no mercado da Magdalena, enmarcada na campaña que leva como lema Na túa compra resta plásticos, suma futuro

03/07/2026 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 3 M€ na infraestrutura singular e moderna do Parrote na Coruña

O novo centro de servizos e a plataforma flotante permiten recuperar e transformar a zona do Parrote como referente de ocio, deporte e encontro social

03/07/2026 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica o papel da biomasa dentro da cadea monte industria cunha facturación que ronda os 70 millóns de euros anuais

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou na inauguración da Asemblea Xeral do Clúster da Biomasa, que celebrou a súa sexta edición en Boqueixón, coincidindo coa feira do sector forestal Galiforest 

03/07/2026 | 15:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a firma ferrolá Electrorayma colaboran no desenvolvemento dunha ferramenta para dixitalizar procesos técnicos a través da realidade virtual

O director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acudiu esta mañá á presentación de SAAM, unha solución innovadora que está a desenvolver o CIS Tecnoloxía e Deseño , dependente da Consellería de Economía e Industria

03/07/2026 | 15:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca bolsas de ata 2.500 € para universitarios que queiran estudar fóra da UE

Ata o 3 de agosto pódense solicitar estas axudas do programa Galemundo para participar o vindeiro curso en estadías en países extracomunitarios 

03/07/2026 | 15:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindica na Agolada a importancia da remuda xeracional na artesanía para reforzar un sector que crea emprego e dinamiza o territorio

José González destacou que esta cita constitúe o principal escaparate anual da artesanía galega e un espazo estratéxico para visibilizar o talento dos profesionais, favorecer novas oportunidades de negocio e seguir espertando vocacións na mocidade

03/07/2026 | 15:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia novas melloras na residencia de maiores de Ortigueira que afectan aos baños, á cuberta e á fachada

O Goberno galego investiu máis de 200.000 euros nos últimos tres anos en distintas obras de reforma deste centro, pertencente á rede pública autonómica

03/07/2026 | 15:10 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta a posta en marcha do plan para converter o complexo Nicolás Peña nun centro de referencia na atención ambulatoria especializada en saúde mental

Sinala que xa están en funcionamento a Unidade de Saúde Mental 2, trasladada desde o hospital Nicolás Peña, e tamén a Unidade de Prevención do Suicidio, que anteriormente estaba no centro de saúde Taboada Leal