Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.150 novas da área temática Formación:

30/08/2024 | 09:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a primeira convocatoria de microformacións a demanda para atender as necesidades específicas das empresas galegas

O DOG publica hoxe a orde destinada ao financiamento de accións formativas para as persoas traballadoras ocupadas, que as empresas poderán solicitar de xeito inmediato a través das entidades e centros de formación acreditados

28/08/2024 | 14:00 | C. do Medio Rural

Medio Rural organiza esta semana tres accións formativas sobre a plantación de castiñeiros e a xestión de soutos en Riós e o Incio

As formacións teñen lugar hoxe e o venres en Riós (Ourense) e mañá no Incio (Lugo) e enmárcanse no convenio entre a Xunta e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) sobre xestión forestal activa e sustentable dos soutos

28/08/2024 | 10:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a divulgación da Artesanía de Galicia na XLII edición do Festiletras de Ponteceso

A Fundación Artesanía de Galicia patrocina tres obradoiros para o público infantil impartidos polas artesás Elena Ferro, Leonor Díaz e Rosa Rodríguez e dedicados aos oficios de elaboración de zocos, pintura sobre madeira e técnicas das redeiras

27/08/2024 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta multiplica por catro o investimento para dotar aos centros de FP da tecnoloxía máis punteira

Un investimento de case 6M€ beneficiará a 140 centros para atender a forte especialización e tecnificación dos ciclos e ao incremento récord de matrícula

27/08/2024 | 13:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta visita en Laxe un dos centros onde se desenvolve o seu proxecto piloto de coliving para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural

 A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, estivo nas instalacións de iSlow, onde se comezaron a aloxar neste mes de agosto parte das 60 persoas seleccionadas ao abeiro da iniciativa Fixar, desenvolvida coa asociación Sende

27/08/2024 | 11:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reunirá en setembro en Chantada a profesionais nacionais de referencia para debater sobre innovación e economía circular na artesanía

Esta cita denominada Novas artesanías para novas ecoloxías terá lugar o 21 e o 22 de setembro en San Cristovo de Mouricios co fin de reflexionar sobre unha nova realidade vinculada aos novos materiais e sobre os materiais tradicionais do rural

27/08/2024 | 10:17 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada

A iniciativa, organizada en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, busca este ano fomentar a colaboración interxeracional

26/08/2024 | 11:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a iniciativa emprendedora dos emigrantes retornados con apoios que contribúen ao desenvolvemento económico de Galicia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en Vigo o taller de electromecánica posto en marcha pola familia de Agustina Patiño e Agustín Cierne, que retornaron a Galicia desde a Arxentina

26/08/2024 | 11:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia avanza na súa colaboración cos concellos de Valga e Moraña para garantir a xeración de emprego e riqueza

No encontro tamén estiveron presentes o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo González, e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado

26/08/2024 | 09:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa un programa de cursos de prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio e atención á dependencia

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) desenvolverá nos meses de setembro, outubro e novembro unha programación específica en diferentes concellos das catro provincias galegas