Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reafirma o seu apoio ao desenvolvemento rural con novos pasteiros en Manzaneda e Chandrexa de Queixa
O director de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou hoxe estas actuacións, que contribúen á conservación da biodiversidade no agro, impulsan a actividade socioeconómica e axudan a prever os incendios forestais
Medio Rural aproba os cambios que permiten mellorar a calidade dos viños e ampliar o territorio da denominación de orixe Monterrei
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que oficializa a modificación do prego de condicións desta denominación de orixe
Medio Rural fomenta os instrumentos de mobilización e recuperación de terras con axudas para gastos notariais, rexistrais e técnicos
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou A Estrada para poñer en valor a convocatoria destas axudas, que promoven ferramentas como as permutas de especial interese agrario e os polígonos agroforestais de iniciativa privada
Rueda expresa a súa preocupación ante o posible recorte de fondos de cohesión, agrícolas e pesqueiros para Galicia na proposta de MFP 2028-2034
A Xunta defendeu en reiteradas ocasións a importancia de protexer os sectores estratéxicos como a pesca, o medio rural e a industria agroalimentaria
María José Gómez reafirma o compromiso da Xunta co desenvolvemento rural por medio do Leader na súa visita ao restaurante Volver no concello da Teixeira
A conselleira coñeceu o establecemento, que foi beneficiario destas achegas para modernizar as súas instalacións e promocionar a gastronomía galega tradicional cun enfoque contemporáneo
A Xunta convocará os axentes do sector primario para facer fronte común diante das novas políticas europeas para o rural e o mar
A titular de Medio Rural explicou que se trata de xuntar esforzos para defender, unha vez máis, que a nova PAC non pode perder nin a súa natureza nin fondos, e que debe responder ás necesidades do sector primario galego
Manuel Pardo pon en valor os máis de 4,3 M€ que a Xunta destina a 88 concellos da provincia de Ourense a través do Plan Camiña Rural
O delegado territorial da Xunta explicou que o Plan Camiña Rural persegue a mellora de infraestruturas co gallo de xerar cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e de traballo no medio rural