Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.486 novas da área temática Educación:

13/05/2025 | 12:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amosa en Vila de Cruces o oficio da construción de instrumentos musicais no marco do seu proxecto ‘Artesanía na escola’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu no CEIP Cerdeiriñas de Piloño, á demostración do artesán Xosé Manuel Sanín, que protagoniza a segunda das unidades didácticas deste programa de divulgación da artesanía

13/05/2025 | 11:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta trae a Ferrol unha actividade de ‘Escape Room’ interactivo para educar e sensibilizar aos máis mozos sobre os riscos que entrañan os xogos de azar

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá en rolda de prensa a iniciativa que se celebrará os días 17 e 18 de maio na praza da Constitución

12/05/2025 | 16:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda avalía as inversións da Xunta na cidade e provincia de Lugo en áreas como a educación, a vivenda ou o saneamento

Realizáronse obras nunha vintena de centros escolares da cidade ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica por máis de 14 M€ e estase a rehabilitar o IES Lucus Augusti

12/05/2025 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía as medidas precisas para garantir o mantemento dos servizos básicos galegos no caso dun novo apagamento

O Consello do Goberno galego analizou propostas nas diferentes áreas co obxectivo de asegurar a atención á cidadanía

12/05/2025 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética do edificio anexo ao Ceip A Castellana en Aranga cunha axuda de máis de 36.000€

Na comarca do Betanzos recibiron estas axudas cinco concellos (Aranga, Curtis, Irixoa, Sobrado e Vilansantar) por un importe total de máis 125.000 euros

11/05/2025 | 10:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financiará as probas para que case 4.000 alumnos de 189 centros poidan acreditar oficialmente o seu nivel de idiomas

O Goberno galego destina preto de 400.000 euros a sufragar o custo das probas de certificación en idiomas para 4º da ESO, Bacharelato e FP nos niveis B1, B2 ou C1

10/05/2025 | 11:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o Erasmus de 3.889 galegos cun investimento de 6 M€ grazas ao programa Galemundo

Román Rodríguez lembra a aposta pola internacionalización do ensino a través desta iniciativa, dotada con 14M€ para facilitar que 7.000 estudantes e docentes se formen este curso no estranxeiro

09/05/2025 | 16:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o novo edificio do CIFP Vilamarín como unha oportunidade para que o centro continúe medrando como referente no sector

O conselleiro de Educación, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, participa na inauguración da ampliación dos talleres de cociña

09/05/2025 | 15:13 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca nos Premios José Hermida o valor da radio escolar como ferramenta educativa

Trátase da primeira edición duns galardóns que recoñecen os mellores proxectos radiofónicos e podcasts de alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria de centros da provincia de Pontevedra

09/05/2025 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo subliña a importancia de fomentar o deporte nas idades máis temperás a través do programa ‘Xogade’ para avanzar cara a unha Galicia activa e saudable

O delegado territorial subliñou a importancia desta programa, xa que reúne toda a oferta deportiva escolar e federada para os rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos co obxectivo de inculcar a práctica de actividade física entre as xeracións máis novas