Actualidade
Buscador de novas
Maná e Bright Eyes súmanse ao ambicioso cartel do Gozo Festival que consolida Galicia como sede de grandes concertos e citas internacionais
A cita celebra a súa terceira edición en diferentes cidades de Galicia con figuras internacionais de renome como Anastacia, Lenny Kravitz, David Guetta, Alanis Morissette ou Lionel Richie
O CSHG abre o venres o prazo de solicitude das bolsas para persoas galegas residentes no estranxeiro
Increméntase o número ata 22, das que 10 estarán destinadas ao Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e 12 bolsas ao Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería
A Xunta inviste preto de 24.000 euros na mellora das infraestruturas do Mosteiro de Aciveiro, en Forcarei
Esta axuda permitiu mellorar o illamento de varios espazos do mosteiro; renovar o sistema de videovixilancia; mellorar a conectividade e instalar unha varanda
Galicia medra en xaneiro por riba da media española en número viaxeiros aloxados en hoteis e pensións
O datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados hoxe sitúan o crecemento deste indicador no 3,3% fronte ao 2% rexistrado no conxunto de España
Ortiz destaca a nova rede de Micropaisaxes de Salceda de Caselas para achegar os seus atractivos turísticos
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este luns as nova sinaléctica instalada cun investimento de Turismo de Galicia de preto de 30.000 euros
A Xunta destina 220.000 euros a un novo Programa Integrado de Emprego de Hostalería en Lugo e Monforte de Lemos
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a iniciativa desenvolvida pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (Apehl) ofrece unha oportunidade laboral a cen persoas desempregadas para traballar no sector
A Xunta promove o coñecemento dos queixos Galicia Calidade entre os veciños de Noia
A xerente do organismo integrado en Turismo de Galicia, Ana Méndez, salientou a importancia destas iniciativas entre os nenos e nenas de Galicia