Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en marcha o novo Polo de Vilanova de Arousa, consolidando con 15 oficinas activas en toda Galicia a Rede de emprendemento e apoio ao emprego
José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos empresariais desde xullo de 2022, dos que preto de 800 foron na provincia de Pontevedra
Javier Arias participa na entrega de premios da edición de outono da campaña ‘Merca no teu comercio’
O delegado territorial da Xunta en Lugo subliñou o “papel dinamizador e vertebrador” do sector, especialmente nas zonas rurais
A Xunta especializa a 50 mozas e mozos en comercio exterior para impulsar a internacionalización das empresas galegas
O Goberno galego vén de resolver a última convocatoria dun programa que, desta volta, sumou 3 M€ para que 50 estudantes con titulacións universitarias de grao superior poidan formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade e potenciando a competitividade do tecido produtivo galego
Os ciclos de hostalería do IES Sanxillao organizan un evento para probar o modelo gastronómico das food trucks
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, gabou a iniciativa, que amosa ao alumnado “unha alternativa en auxe”, cada vez máis habitual en citas ou puntos turísticos
A Xunta promove na ‘Maker Faire Galicia’ a conexión das novas xeracións cos oficios artesanais
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na mesa inaugural da I Xornada de oficios Revitalizando a tradición, que se celebra hoxe en Santiago de Compostela, no marco da X Maker Faire Galicia
A Xunta, o Concello de Ourense e os praceiros asinan o protocolo para o traslado dos comerciantes á Praza de Abastos con garantías e no menor tempo posible
Goberno autonómico e municipal acordan unha cofinanciación máxima de 2M€ para as obras de adecuación que sexan consensuadas, investimento para o que a Xunta consignou 1M€ nas contas do 2025
Arias destaca o valor dos Bonos Activa Comercio para impulsar as vendas nos negocios locais
O delegado territorial da Xunta visitou catro establecementos de Sarria adheridos á campaña e lembrou que desde este luns xa se poden descargar e usar os bonos desconto de ata 30 euros