Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aposta por un Camiño de Santiago cada vez máis accesible, integrador e inclusivo
Xosé Merelles recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos da asociación DisCamino que fixo o Camiño co apoio dun vehículo adaptado financiado por Turismo de Galicia
A Xunta avanza na súa labor de promoción xacobea internacional coa Semana do Camiño na cidade brasileira de Porto Alegre
O director de Turismo de Galicia viaxará a Brasil para participar nas actividades programadas e manter varios encontros con autoridades locais para intensificar a colaboración en materia turística
Rueda salienta as boas cifras de visitantes internacionais a Galicia como exemplo de turismo sostible e impulso económico
O titular do Goberno galego destacou que, no que levamos de ano, o 28% dos visitantes procedían de fóra das nosas fronteiras
A Xunta pon en valor o compromiso das axencias de viaxes cun turismo sostible que garanta a protección dos valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Ángeles Vázquez subliña que a Carta Europea de Turismo Sostible supón un recoñecemento á aposta por un turismo responsable e de calidade xa que avalan o cumprimento duns estándares de sostibilidade e respecto ao medio ambiente
O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste á 14ª edición da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia en Ribadavia
Ourense, 31 de maio de 2025. - O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, asistiu á Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, que dende onte ata o vindeiro 1 de xuño, se está a desenvolver na Ruta do Viño O Ribeiro en Ribadavia.
Turismo de Galicia apoia unha nova edición de Estrelas Solidarias no Camiño que potencia a gastronomía como valor esencial do destino
Colabora neste evento no que Galicia Calidade terá especial protagonismo e que bota a andar o luns con distintas experiencias sobre o terreo na ría de Muros e Noia con chefs con máis de 70 Estrelas Michelin
Xosé Merelles destaca o impulso da Xunta ao turismo náutico con máis de 3 M€ para a mellora de infraestruturas en portos
Presentou en Baiona a regata 52 Super Series que se desenvolverá na vila pontevedresa da man do Monte Real Club de Iates
O programa Masterchef pon en valor o Camiño de Santiago e o Patrimonio do Interior de Galicia
O espazo foi gravado o pasado mes de marzo no Mosteiro de Oseira e conta coa colaboración dos alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia
Os concertos do Xacobeo traen a Vigo a Al Di Meola, un dos máis grandes guitarristas norteamericanos
A delegada territorial, Ana Ortiz e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, anuncian unha nova actuación dentro do calendario dos Concertos do Xacobeo
Pantón acolle os días 20 e 21 de xuño unha nova edición do Festival ‘Trece Roeis’ co patrocinio da Xunta
O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación do cartel, que conta con 16 bandas e artistas como Ilegales ou Sés