Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca citas como o ’Corazón da Artesanía‘ para poñer en valor os nosos oficios e garantir a remuda xeracional
O director xeral de Comercio e Consumo respondeu na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo sobre este evento que se desenvolveu en xullo en Agolada coa presenza de 52 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia
A Xunta apoia na Coruña o 5º encontro ‘A igualdade, un activo para a empresa’ a prol dunha equidade de oportunidades real no mercado laboral
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais participou hoxe no evento da Confederación de Empresarios da Coruña cofinanciado polo Goberno galego, no que se abordan os incentivos ou dificultades para implantar a Igualdade no eido laboral
A Xunta continúa avanzando na elaboración do Plan Estratéxico do Comercio a través dun novo encontro participativo co sector en Vigo
Tras os encontros xa celebrados en Ourense, Lugo e A Coruña, esta nova xuntanza enmárcase no proceso de escoita activa aberto polo Goberno galego para abordar medidas que garantan a competitividade do tecido comercial
A Xunta pon de relevo o evento efémero de interiorismo ‘Creafogar’ para difundir o potencial da artesanía galega en todo tipo de proxectos
José González destacou a aposta pola suma de sinerxías entre as empresas participantes, vinculadas a produtos e servizos do fogar e ao sector da construción e entre as que tiveron un papel destacado 55 obradoiros de Artesanía de Galicia
A Xunta presenta en Alacante o seu proxecto ‘Enredadas’ de fomento da diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas
A Fundación Artesanía de Galicia colaborou en La Vila Vella 2024, un grande evento arredor do patrimonio etnográfico marítimo que se celebrou onte en Villa Joyosa
A Xunta avanza na súa colaboración co concello ourensán de Castrelo de Miño para impulsar a xeración de emprego e a promoción da artesanía
No encontro tamén participou o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén
Rueda reúnese co novo embaixador do Reino Unido en España
O presidente da Xunta mantén un encontro con Alex Ellis co obxectivo de reforzar a colaboración entre os dous territorios, incentivar as relacións comerciais e buscar novas oportunidades de investimento
Comezan os cursos de artesanía cos que a Xunta fomenta a remuda xeracional neste sector
A Fundación Artesanía de Galicia arrancou esta edición coas formacións de sombreirería e de xastrería na Academia Ana Prados en Santiago de Compostela
Medio rural celebrará mercados de artesanía alimentaria nas catro provincias galegas para promocionar as elaboracións dos artesáns
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión de traballo con empresas inscritas neste distintivo para coordinar e planificar estas actividades promocionais