Actualidade
Buscador de novas
A Xunta realiza labores de conservación na contorna do río Umia ao seu paso polos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña
As tarefas que está a executar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas, roza de biomasa e vexetación e mantemento das plantacións existentes
A Xunta realiza labores de conservación en máis de 6,5 quilómetros de varios ríos, no concello de Cariño
As tarefas que realiza Augas de Galicia no municipio coruñés prolongaranse durante arredor de oito semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta inviste máis de 250.000 euros na eliminación de especies exóticas invasoras en distintos espazos naturais no marco do proxecto Life Global
O Goberno galego está a actuar nas lagoas costeiras das illas Cíes e no complexo húmido de Corrubedo para erradicar a presenza de exemplares de flora alóctona intervindo de forma selectiva, a pequena escala e preferentemente de maneira manual
A Xunta licita por preto de 300.000 € as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra, no concello de Cervo
O fin último das actuacións é optimizar o funcionamento da instalación e evitar o exceso de vertidos cara a rede de saneamento municipal, garantindo así a axeitada prestación do servizo de abastecemento á cidadanía existente na contorna
A Xunta concede 1 M€ en axudas a 55 concellos para 67 actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificios e outros elementos patrimoniais municipais
Ángeles Vázquez salienta que estas achegas, que contan cunha elevada demanda, permitirán estender o fermosismo a máis localidades e vilas de Galicia
A Xunta instala paneis informativos na contorna do río Condomiñas, en Cedeira, para mellorar a concienciación da veciñanza sobre o risco de asolagamentos
Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é sensibilizar á poboación na preparación ante posibles inundacións para reducir os riscos potenciais, dando a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas
Ángeles Vázquez destaca a importancia de involucrar á mocidade na protección do patrimonio natural de Galicia e na difusión do seus valores
A conselleira puxo en valor o éxito desta convocatoria, que contou coa participación de 36 equipos e máis de 500 alumnas e alumnos, e agradeceu a súa contribución a xerar unha conciencia colectiva sobre a preservación dos espazos naturais de Galicia
A Xunta remite para tramitación ambiental o Plan de ordenamento do novo parque empresarial de Cabana de Bergantiños que terá unha superficie de 267.216 m²
O Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (Peose) permite planificar e ordenar as actuacións urbanísticas precisas para a súa creación
A Xunta defende a colaboración público-privada como clave na xestión dos residuos para protexer o medio ambiente e a saúde pública
Ángeles Vázquez salienta o importante papel que realizan os xestores do lixo industrial para realizar un tratamento seguro e sostible así como coidar e protexer os solos nos que se executan ese tipo de actividades