Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.828 novas da área temática Economía:

04/06/2026 | 17:40 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela a non deixarse contaminar pola corrente negacionista que quere derrocar a industria en Galicia

Apunta que, neste momento, a Xunta ten en tramitación 16 proxectos industriais estratéxicos que suman un investimento de 1.700 M€ e unha capacidade de xeración de 3.700 empregos en toda a comunidade

04/06/2026 | 15:18 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que desde hoxe xa se poden solicitar as axudas para tecnoloxías duais en defensa, seguridade e aeroespazo, cun orzamento de 6 M€

“Cada satélite, cada dispositivo de loxística espacial, cada software que se deseña aquí posiciónanos nun mercado global altamente competitivo e, ademais, nun momento en que é máis necesario que nunca”, di

03/06/2026 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Corvus Belli o potencial da industria creativa galega para competir nos mercados internacionais

A directora do Igape, Covadonga Toca, pon en valor o exemplo dunha empresa que exporta o 90 % das súas vendas e comercializa os seus produtos en máis de 60 países

01/06/2026 | 15:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico o desenvolvemento inicial do complexo industrial de fabricación de automóbiles SAIC, co fin de crear máis de 2.000 empregos en Ferrol

A compañía chinesa escolle Galicia fronte a outras localizacións analizadas para a súa expansión ao mercado europeo pola capacidade industrial galega, a sólida base manufactureira e a capacidade para facilitar unha rápida implantación

30/05/2026 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o transporte e a loxística como sectores clave para o crecemento económico e exportador de Galicia

A directora do Igape salienta na Asemblea Xeral de Apetamcor a capacidade de adaptación dun sector estratéxico que afronta os retos da situación internacional apostando pola innovación, a eficiencia e a competitividade

29/05/2026 | 16:55 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia unha nova liña de axudas para a automoción dotada con 45 M€ para apoiar ao sector na transición cara o vehículo eléctrico

Recorda que estes apoios, xunto cos 50 millóns extraordinarios que se habilitaron o ano pasado, englóbanse no Plan director, que conta cun orzamento global de 230 millóns de euros

29/05/2026 | 14:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca o sector forestal-madeira como un gran motor económico e sostible para o desenvolvemento de Galicia

Salienta a súa capacidade para xerar riqueza, fixar poboación e reequilibrar o territorio ao representar ata o 50% do emprego industrial en moitos municipios

28/05/2026 | 16:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta explora oportunidades de investimento entre Galicia e Vietnam

As exportacións galegas ao país, fundamentalmente do sector metalmecánico e agroalimentario, acadaron o pasado ano os 11,8 millóns de euros

27/05/2026 | 18:07 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca os apoios para máis de 40 proxectos empresariais que promoven a diversificación económica do rural

A conselleira do Medio Rural visitou as instalacións de SAT Seixas, en Taboada, unha das beneficiarias da convocatoria de axudas de 2026 de actividades non agrícolas, que conta cun investimento de 2,1 M €

27/05/2026 | 17:21 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta