Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo visita as obras de reparación da cuberta do CEIP Wenceslao Fernández Flórez que contan cun investimento de preto de 48.000 euros
A representante do Goberno autonómico galego destacou o compromiso da Xunta coa mellora continua dos centros educativos públicos, subliñando que “investir na calidade das infraestruturas educativas é investir no benestar do alumnado e do profesorado”
Manuel Pardo supervisa o comezo das obras para a substitución da cuberta do Colexio de Sandiás ás que a Xunta destina máis de 212.000 €
O delegado explicou que as actuacións consisten na substitución da cuberta inclinada actual de tella cerámica por outra nova do mesmo material co fin de mellorar a eficiencia enerxética deste colexio
A Xunta e as tres universidades pechan o acordo para que a PAU reflicta mellor a preparación do alumnado galego e dea máis seguridade no proceso
Avánzase no obxectivo do Goberno galego de acadar un sistema de acceso á universidade máis homoxéneo, cun marco regulador claro e garante da igualdade
Educación e o Concello de Mos colaboran para implantar o ciclo de FP de soldadura e caldeiraría
Román Rodríguez asina un convenio de colaboración coa alcaldesa, Nidia Arévalo, que permitirá impartir estas ensinanzas do Instituto de Mos
A Xunta e o Consello da Cultura impulsan o coñecemento do patrimonio paisaxístico e cultural a través dun novo proxecto dixital educativo
Vai dirixido a alumnos e docentes dos centros educativos de Galicia, reforzando a presenza da lingua e cultura galegas no ensino
Fabiola García clausura o cuarto curso coa educación infantil gratuíta, unha medida da Xunta que beneficia a 32.000 familias
Destacou que o programa de gratuidade é unha mostra do compromiso do Goberno galego coa conciliación e que sitúa a Galicia coas cifras máis altas de escolarización 0 a 3 do país
A Xunta inicia os traballos para elaborar o vindeiro Plan de Financiamento Universitario
Constitúe o grupo de traballo para elaborar a folla de ruta para o período 2028/32, que consolida Galicia como referente na planificación dun financiamento forte e estable
A Xunta colabora co Concello de Trabada na renovación da cuberta do polideportivo municipal
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes apoia a actuación cunha achega de 36.000 euros
Galicia dotarase dunha nova normativa de titulacións universitarias máis flexible que adaptará o número mínimo de alumnado para fortalecer o sistema
O Consello toma razón do inicio do trámite de consulta pública previa do futuro decreto para regular estas ensinanzas, en cuxa elaboración están participando as universidades públicas
A Xunta adapta o mapa escolar á evolución demográfica para o vindeiro curso 2026/27
Debido á falta de alumnos, deixarán de funcionar catro unitarias: o colexio Pazos-Comoxo en Boiro e as escolas infantís de Olas en Mesía, de Taboadela e de Lantaño en Portas