Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo destaca os máis de 1,5 M€ que a Xunta destina para mellorar a eficiencia enerxética de 16 concellos ourensáns
O delegado territorial explicou que no caso deste municipio, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, destina preto de 120.000 euros para mellorar a envolvente térmica e optimizar o consumo enerxético do edificio que alberga a escola infantil municipal
Pontecesures mellora a eficiencia enerxética do edificio do antigo matadoiro grazas a unha achega da Xunta de preto de 63.000 euros
O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como o seu impacto ambiental
A Xunta presenta as alegacións ao borrador da nova planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica
Lorenzana asegura que o Goberno “está deixando pasar uns anos que son fundamentais para atraer novos investimentos”
Rueda anuncia que a Xunta presentará alegacións á nova Planificación eléctrica 2025-2030 do Goberno central, que apenas reserva un 2,8 % do investimento total para Galicia
Asegura que contar “cunha infraestruturas modernas e adaptadas ao tecido produtivo” é fundamental “para o desenvolvemento económico das comunidades”
Manuel Pardo supervisa o estado das obras de mellora de enerxética no edificio xudicial do Carballiño, ás que a Xunta destina máis de 545.000€
O delegado territorial explicou que esta intervención da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cofinanciada con Fondos Feder, ten como obxectivo reducir o consumo eléctrico asociado ao uso das instalacións e así loitar contra o cambio climático
Lorenzana destaca que a auditoría que RDG está a realizar nos polígonos e portos galegos permitirá abaratar os custos enerxéticos das empresas
Indica que neste momento os traballos están na fase de recollida de datos para coñecer o recurso renovable da contorna, as infraestruturas enerxéticas dispoñibles e os patróns de consumo
A Xunta concede preto de 240.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental aos proxectos de mellora do medio ambiente e eficiencia enerxética das Pontes
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse esta mañá ao municipio para comprobar o resultados das actuacións acometidas con estas axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A Lama mellora a eficiencia enerxética do edificio do Obradoiro grazas a unha achega da Xunta de máis de 90.000 euros
O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como o seu impacto ambiental
Lorenzana reclama ao Goberno máis recursos e unha regulación harmonizada para que as administracións públicas poidan monetizar os seus aforros enerxéticos
Indica que a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña os orzamentos para 2026 inclúe modificacións lexislativas que favorecen a monetización de actuacións de eficiencia enerxética dentro do sector público autonómico
Rueda defende en Bruxelas unha maior cogobernanza das rexións na xestión de fondos europeos e máis recursos para o sector primario
Reivindica a denominada Declaración Galicia, aprobada a finais de outubro en Santiago de Compostela e que reflicte a posición da delegación española ante a proposta do futuro Marco Financeiro Plurianual 2028-2034