Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 788 novas da área temática i+D+i:

14/04/2026 | 16:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o crecemento do sector aeroespacial galego e reafirma o seu papel como panca estratéxica de futuro

A directora do Igape, Covadonga Toca, subliña que Galicia conta xa con máis de 40 empresas aeroespaciais, 1.700 empregos directos e unha facturación superior aos 165 millóns de euros

14/04/2026 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

Rueda reivindica os avances de Galicia en materias como as tecnoloxías de alto impacto, a vivenda pública e o turismo sostible

Recorda que o Goberno galego xa está cumprindo o seu obxectivo de duplicar o parque de vivenda pública, e pasar de 4.000 a 8.000 fogares

14/04/2026 | 14:45 | C. do Mar

Villaverde destaca o papel diferenciador da acuicultura no desenvolvemento socioeconómico de Galicia

A conselleira do Mar participou na inauguración da primeira reunión anual do proxecto Occam, centrado nos posibles efectos do cambio climático neste sector

14/04/2026 | 14:35 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta que está facendo por Galicia o principal centro tecnolóxico aeroespacial de España

Catec leva anos traballando en Galicia vinculado ao Parque Empresarial de Rozas (Castro de Rei)

14/04/2026 | 14:27 | C. de Facenda e Administración Pública

O futuro Centro de Ciberseguridade consolida a Galicia como territorio de vangarda das novas tecnoloxías

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron as obras do centro

13/04/2026 | 12:28 | C. do Mar

Villaverde sitúa a innovación como elemento clave na protección do medio mariño

A conselleira do Mar reuniuse co xerente da empresa Subacutic, especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras

09/04/2026 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia amosa as capacidades do CESGA e o potencial da I+G+i ao ministro para a Transformación Dixital

O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, recibe a Óscar López no Centro de Supercomputación de Galicia, que está reforzando as súas infraestruturas e recursos para converterse nun centro de referencia a nivel internacional  

08/04/2026 | 17:47 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 395.000 euros o subministro de reactivos químicos e material funxible con destino ao laboratorio de saúde pública de Galicia

O material adquirido empregarase para realizar os ensaios e análises vencelladas ao control oficial de produtos alimenticios e augas

07/04/2026 | 14:24 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade viaxará ao espazo no primeiro vehículo español de transferencia orbital deseñado pola empresa galega UARX Space

UARX Space é única en España, e está entre as cinco de todo o mundo, en fabricar este tipo de sistemas capaces de manobrar no espazo

06/04/2026 | 18:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A FP galega viaxa a Liberia para facer posible a xestión enerxética do quirófano móbil da Fundación Diego González Rivas

A directora xeral de FP e o delegado da Xunta en Lugo participan na presentación da iniciativa, que dá mostra da relevancia e internacionalización destas ensinanzas