Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana ratifica o compromiso da Xunta coa ampliación do polígono industrial de San Cibrao das Viñas
“O polígono de San Cibrao conta cunha sólida base industrial de sectores diversos que aspira a seguir crecendo”, di, para remarcar que apoiar o futuro industrial de toda a comarca é algo fundamental, tamén, desde o punto de vista do equilibrio e a cohesión territorial
A Xunta sinala a descarbonización do transporte como un dos retos fundamentais para acadar unha sociedade climaticamente neutra
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou esta mañá a xornada O latexo da enerxía do mañá onde puxo en valor as medidas adoptadas pola Administración galega para incentivar o vehículo eléctrico
A Xunta subliña as oportunidades de emprego de calidade que ofrecen á mocidade galega sectores como o aeronáutico
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, presentou a Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo ao alumnado do mestrado universitario en Enxeñaría Aeronáutica do campus de Ourense da Universidade de Vigo
A Xunta abre o prazo para a adquisición de parcelas na Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra-As Neves (Plisán)
O Goberno galego pon a disposición un total de 33 parcelas, con superficies que oscilan entre os 1.786 m2 da máis pequena ata os 8.743 m2 da máis grande, aínda que se poden agrupar parcelas ata acadar unha superficie máxima de 49.681 m2
Lorenzana defende en Huelva a aposta da Xunta por impulsar o sector mineiro e facer de Galicia un referente en materias primas críticas
Destaca o potencial mineiro da comunidade que, en dous anos, pasou de representar o 8,2 por cento do valor de produción en España ao 9,5 por cento
Lorenzana salienta a aposta da Xunta por que as pemes galegas incorporen a tecnoloxía aos seus procesos produtivos
Subliña que o vindeiro ano o Igape vai destinar case 50 M€ a cinco programas de axuda neste ámbito
A Xunta amosa en Salvador de Bahía a batería de medidas e apoios autónómicos ás persoas emigrantes que deciden retornar a Galicia
O secretario xeral da Emigración informou no Club Español á colectividade galega do nordeste brasileiro sobre a Estratexia Galicia Retorna e as oportunidades que ofrece Galicia ás persoas residentes no exterior interesadas en retornar
Lorenzana lembra que ata o 10 de decembro aínda se poden solicitar as novas axudas da Xunta para servizos de ciberseguridade en empresas
Estes apoios son de concesión directa, para todo tipo de empresas e financian ata o 75 % do custo dos servizos contratados cun tope máximo de 30.000 euros
Galicia acada o mellor outubro en afiliacións con 1.102.984 cotizantes e o paro máis baixo dese mes con 113.386 persoas desempregadas
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social correspondentes ao pasado mes de outubro