Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.421 novas da área temática Medio ambiente:

20/05/2025 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta creará unha bolsa para o intercambio de residuos e subprodutos entre empresas co fin de aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles

Este instrumento para axudar ás empresas constituirase ao abeiro dun dos grupos de traballo previstos dentro da Oficina de Economía Circular Industrial e o obxectivo é que se poña en marcha ao longo do próximo ano

20/05/2025 | 12:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Rois destinan preto de 325.000 € á construción dunha nova edar no núcleo de Sorribas para mellorar o saneamento na localidade

Ángeles Vázquez explica que a previsión é que esta nova infraestrutura estea rematada no segundo semestre do vindeiro ano 2026 e que dea servizo a unha poboación de preto de medio cento de veciños

18/05/2025 | 10:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá máis de 1,6 M€ para garantir o servizo de depuración de augas á veciñanza de Ponte Caldelas, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra

Entre as tarefas a desenvolver no período 2025-2029 inclúense os traballos de explotación necesarios para asegurar o seu correcto funcionamento e os labores de mantemento e conservación das instalacións, equipos e demais elementos das EDAR

17/05/2025 | 12:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a alta participación no mercado do Tinglado da Coruña como exemplo do compromiso da cidadanía co consumo responsable e a reciclaxe

140 particulares expoñen os artigos que queren vender en Palexco cun horario de atención ao público entre as 10,30 e as 14,00 horas e entre as 16,00 e as 20,30 horas

16/05/2025 | 18:04 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subvenciona con preto de 40.000 euros a mellora da eficiencia enerxética da Rectoral de Fofe, en Covelo

O delegado territorial visitou as obras e destacou a importancia de manter un sector turístico de excelencia

16/05/2025 | 15:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a importancia de apostar pola investigación para avanzar na reutilización de residuos e consolidar un modelo de economía circular

Ángeles Vázquez pon en valor o papel das empresas concienciadas co uso eficiente dos recursos e a valorización dos subprodutos e refugallos

16/05/2025 | 15:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traballa nunha identidade de marca para impulsar as actividades e os produtos locais dos espazos naturais protexidos de Galicia

Reafirmou a aposta da Xunta pola defensa, protección e conservación da Galicia Natural e polo benestar animal cos apoios á fauna silvestre e aos animais de compañía 

15/05/2025 | 13:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reforza o apoio aos concellos na xestión dos residuos cunha Oficina de Economía Circular Municipal para acelerar a transición a un modelo máis sostible

Ángeles Vázquez destaca que este servizo busca promover modelos de crecemento económico sostibles e neutros desde o punto de vista climático, o que axudará a avanzar cara a un futuro máis responsable e respectuoso coa contorna

15/05/2025 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional en 22 espazos naturais

Esta quinta edición conta con preto de 400 prazas e están programadas 28 actuacións que impulsan o respecto e coidado do patrimonio natural de Galicia

15/05/2025 | 13:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima á cidadanía galega a adoptar animais de compañía abandonados recorrendo ás axudas que ofrece a Xunta con este fin

A conselleira lembra que estas achegas poden solicitarse ata o vindeiro 30 de setembro, son para sufragar os primeiros gastos derivados da adopción e chegan ata os 150 euros no caso dos cans e ata 125 euros se se trata de gatos