Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.442 novas da área temática Agricultura e gandería:

13/06/2025 | 14:36 | C. do Medio Rural

Medio Rural e o concello de Oza-Cesuras avanzan na mellora dos camiños rurais neste municipio coruñés

A conselleira María José Gómez mantivo unha reunión de traballo co alcalde, Pablo González Cacheiro, na que tamén se avaliaron os procesos de concentración/reestruturación parcelaria finalizados e en marcha no termo municipal

12/06/2025 | 19:00 | C. do Medio Rural

Medio Rural e o Concello de Sarria avanzan na súa colaboración para o mantemento do servizo de matadoiro municipal da localidade

A conselleira María José Gómez reuniuse esta tarde co alcalde, Claudio Garrido, e coa portavoz do grupo municipal do PP, Carmen José López, na sede da Delegación da Xunta en Lugo

12/06/2025 | 16:48 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a Festa da Rosa de Mos como evento dinamizador nas contornas rurais

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á presentación deste evento, que salientou como elemento innovador e integrador dos recursos dispoñibles no territorio

12/06/2025 | 13:26 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca o traballo conxunto co sector a prol do impulso ás razas autóctonas gandeiras

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria de subvencións específicas destinadas á recría de razas autóctonas de gando bovino e ovino-cabrún ameazadas

12/06/2025 | 11:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a formación e actualización dos programas sanitarios nas asociacións de defensa sanitaria gandeira de vacún

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na apertura desta xornada que se está a celebrar no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

11/06/2025 | 17:02 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a execución do programa de desenvolvemento rural de Galicia, superior ao 90%

Esta cifra supera a media español, do 86%, así como a europea, situada no 88%

11/06/2025 | 16:25 | C. do Medio Rural

A Xunta axuda con preto de 155.000 € á reestruturación e reconversión dunha bodega de Caldas de Reis

Trátase das axudas para a reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, que benefician a 76 persoas viticultoras e bodegas da provincia de Pontevedra

11/06/2025 | 14:44 | C. do Medio Rural

Medio Rural paga máis de 5 M€ a 2.560 gandeiros afectados pola enfermidade hemorráxica epizoótica

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá a resolución cos beneficiarios destas axudas, segundo anunciou hoxe a conselleira María José Gómez nunha visita a unha explotación gandeira na localidade coruñesa de Val do Dubra

11/06/2025 | 14:00 | C. do Medio Rural

O CFEA Pedro Murias acolle unha xornada de portas abertas para presentar os seus ciclos vinculados ao medio rural

O centro oferta os ciclos de formación profesional de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e de Produción Agroecolóxica, que terán a modalidade dual intensiva

11/06/2025 | 11:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a campaña ‘Merca no teu comercio’ para promover as vendas de proximidade co foco posto nos barrios e nos concellos do rural

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participaron na presentación da iniciativa enmarcada na colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Comercio