Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.193 novas da área temática Comercio:

03/06/2024 | 17:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 2,5 M€ á posta en marcha de dous centros dixitais que mellorarán a competividade das pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que busca facilitar ás pequenas e medianas empresas o acceso a dotacións dixitais e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades

31/05/2024 | 13:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor A Noite Branca da Coruña como evento dinamizador do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo asistiu a esta xornada organizada pola asociación comercial Zona Obelisco e lembrou que ata o 24 de xuño os centros comerciais abertos de toda Galicia poden solicitar as axudas para impulsar a súa innovación e dinamización

25/05/2024 | 14:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González reafirma no Día do Mercado de Galicia o pulo da Xunta para potenciar as prazas de abastos e sinala que son clave para dinamizar o emprego local

Salienta que a Xunta traballa para darlle ao comercio de proximidade a relevancia que se merece e avanza a convocatoria en verán das axudas a concellos e asociacións de comerciantes para a mellora de instalacións e equipamentos

25/05/2024 | 14:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ con actividades e promocións nos mercados coruñeses

Na xornada celebráronse diversas actividades entre as que destacan actuacións musicais, sorteo de cestas de produtos, obradoiros infantís ou concurso de debuxos 

25/05/2024 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz anima á cidadanía a comprar nos mercados e prazas de abastos pola "garantía de calidade, servizo e atención"

A delegada territorial da Xunta presentou este xoves en Baiona a campaña de promoción “Quere o teu mercado”

24/05/2024 | 10:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca 2,25 M€ en axudas para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos galegos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que poderá destinarse a accións de dinamización comercial, fidelización de clientela, dixitalización ou para o mantemento da unidade xerencial

23/05/2024 | 14:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta na reunión do Observatorio Nacional de Artesanía que se celebra en Xixón a súa estratexia pioneira para garantir a remuda xeracional no sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe ao encontro impulsado por Fundesarte no que participan representantes do Estado e do resto de autonomías