A Xunta avanza na súa colaboración co Concello de Covelo para impulsar a xeración de emprego e o comercio neste concello pontevedrés
Vigo, 2 de novembro de 2024
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse co alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, co gallo de avanzar na colaboración entre a Xunta e este concello pontevedrés. O obxectivo, dinamizar a xeración de emprego e riqueza nesta localidade a través do mantemento e creación de actividade empresarial, nomeadamente garantindo o tecido comercial como vertebrador do territorio e mesmo servizo público para os veciños e veciñas.
Nese senso, os representantes autonómicos fixeron fincapé en que se está perfilando o novo Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, co gallo de telo listo no primeiro trimestre do ano que vén e promover diversas iniciativas de impulso deste eido fundamental da nosa economía. Entre elas, o proxecto de dinamización Vilas vivas, eventos efémeros que animarán ao consumo e á fidelización da clientela poñendo en valor non só o que ofrecen os distintos establecementos comerciais senón tamén os obradoiros artesáns.