Actualidade
Buscador de novas
A Xunta busca solucións innovadoras para mellorar a prestación de servizos públicos á cidadanía
Seis consellerías presentan os seus proxectos a empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos para coñecer o grao de desenvolvemento destas tecnoloxías no mercado
Hoxe venres é o ultimo día para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta de Galicia
O prazo para cursar a petición a través da sede electrónica da Administración autonómica remata ás 23,59 horas
A Xunta participa en Madrid nun taller para facilitar a mobilidade laboral de profesionais desprazados a España enmarcado no proxecto europeo STEP
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe no taller Facilitando a mobilidade laboral de profesionais desprazados a España, destacando as medidas do Executivo para atraer talento
A Xunta amosa á Fundación COTEC as capacidades de Galicia en supercomputación e cuántica para contribuír ao avance da I+D+i galega
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visita o Cesga en compañía do director xeral da Fundación COTEC, Jorge Barrero
Román Rodríguez felicita aos centros ourensáns pola calidade das iniciativas expostas na Feira e Espazo de Innovación e Colaboración Educativa
O conselleiro de Educación, acompañado polo delegado territorial, visita o evento, impulsado pola Xunta e a Deputación, no que unha ducia de centros dá a coñecer á os seus proxectos
Belén do Campo informa que a Xunta pecha, este venres, o prazo para solicitar praza nas escolas infantís públicas autonómicas
A representante do Goberno autonómico destacou que os pais e nais aínda poden solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas e que este é o cuarto ano de gratuidade neste tipo de centros en toda Galicia
A Xunta difunde as oportunidades de financiamento en Europa nos eidos da innovación cultural, social e sensibilización social cara a ciencia
A Axencia Galega de Innovación celebra hoxe unha xornada informativa sobre convocatorias 2025 de Horizonte Europa