Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural inviste preto de 280.000 euros na mellora do saneamento na rede viaria da parcelaria de Baión, no Concello de Vilanova de Arousa
A conselleira María José Gómez asinou hoxe o convenio de colaboración no que se recolle esta actuación incluída dentro do Plan de Infraestruturas Rurais de 2025
A Xunta explica os traballos de conservación que executa no territorio da Reserva Nacional de Caza dos Ancares
A Delegación Territorial de Lugo acolleu a reunión da xunta consultiva deste organismo, que presidiu o delegado, Javier Arias
Medio Rural apoia a máis 50 empresas que desenvolven actividades non agrícolas cunha axuda de 2,1 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural que van permitir consolidar 552 postos de traballos e crear 56 novos empregos
A Xunta aposta por facer de Galicia un territorio líder en tecnoloxía agroalimentaria
A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura o evento ‘O reto de converter Galicia no líder tecnolóxico do sector agroalimentario’, onde destaca que “innovar non é unha opción, senón a vía cara á competitividade do futuro”
Medio Rural inviste 1,32 M€ para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra
Estas achegas, xestionadas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, contan con 794 expedientes aprobados e vai permitir actuar sobre unha superficie de 810 hectáreas dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra
Belén do Campo pon en valor a aposta de Inleit pola innovación e modernización situándose á vangarda na transformación do sector lácteo galego
A delegada da Xunta lembrou que esta empresa foi beneficiaria, no 2024, das axudas á transformación e comercialización de produtos agrarios para levar a cabo a ampliación da súa planta de elaboración de nata
Medio Rural ofertará no vindeiro curso 406 prazas de novo ingreso nos seus centros formativos, un 11 % máis
A titular da Consellería destacou que o alumnado destes centros ten un índice de inserción laboral próximo ao 100 %, polo que “estamos ante estudos con moi boa saída” cara o mercado de traballo, remarcou
Medio Rural fomenta a promoción das IXP Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia nunha xornada de coctelería
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe nunha xornada para a promoción destas bebidas espirituosas organizada pola Axencia e o consello regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia