Actualidade
Buscador de novas
Gómez Caamaño avanza a licitación este ano do aparcadoiro que elevará a preto de 1.300 as prazas do Hospital Montecelo, case 400 delas gratuítas e as demais con tarifas asequibles
Antes do verán o Executivo galego elevará ao Consello da Xunta a ocupación dos terreos, a aprobación do anteproxecto e a estrutura de custos do aparcadoiro
A Xunta licita por 471.000 euros o servizo de asistencia técnica especializada para a elaboración dun plan funcional, espazos e equipamento da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
As empresas interesadas teñen ata o 3 de xuño para presentar as súas ofertas
Rueda anuncia que Galicia incorporou en abril a preto de 3.000 novos dependentes atendidos, cifra récord mensual desde que hai rexistros
Sinala que o Plan de axilización e simplificación da dependencia e discapacidade axudou a resolver 32.000 expedientes desde o mes de xaneiro, un 70% máis que no mesmo período do ano anterior
A Xunta selecciona os catro primeiros profesionais da plantilla do Centro de Protonterapia de Galicia, que inician a súa formación
A formación cubrirá áreas clave como a física médica, a oncoloxía radioterápica e a protección radiolóxica
Gómez Caamaño salienta o potencial investigador do estudantado galego que afondou no sistema nervioso a través do programa ‘Reimaxina a Ciencia’
O alumnado do IES do Castro de Vigo resultou gañador nesta terceira edición cunha peza audiovisual ‘Vigo news. Noticias científicas’
Gómez Caamaño confirma que xa se reubicaron 2 das 4 plantas de hospitalización do Materno infantil de Ourense e se mantén a previsión de culminar o traslado a comezos do verán
Xa foron substituídos 1.000 m2 dos falsos teitos e a mediados deste mes de maio está previsto ter inspeccionado o 100 % da planta 0 do Hospital Materno Infantil, substituíndo os que sexan preciso
Rueda resalta o labor de profesionais das emerxencias, da sanidade e da seguridade que permitiron que Galicia superase o apagamento sen incidencias graves
Uns 300 axentes da Policía Autonómica, 700 membros das brigadas forestais e máis de 230 agrupacións de voluntarios de protección civil foron mobilizados na comunidade
O Servizo Galego de Saúde sitúa a saúde mental, a atención primaria e a dixitalización entre os obxectivos prioritarios da xestión sanitaria este ano
Prestarase especial atención á medición do impacto das medidas que se impulsan na calidade de vida dos pacientes, avaliando os seus resultados en saúde, e ao reforzo dos programas de cribado e das campañas de vacinación
O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento como persoal estatutario fixo e o destino definitivo de 1.556 profesionais de enfermería
Os aspirantes disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada
A Xunta licita por importe de 85.000 euros a adquisición de novos ecógrafos portátiles para as unidades de enfermidades raras do Servizo Galego de Saúde
O novo equipamento terá como destino os complexos hospitalarios da Coruña e de Santiago de Compostela e o Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo