Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.029 novas da C. de Economía e Industria:

16/02/2023 | 12:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a alianza industrial galega do hidróxeno verde dá un novo paso coa adhesión de Ence como empresa tractora

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou hoxe en Santiago de Compostela no acto de firma da compañía

15/02/2023 | 14:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve no talento que participa en Galicia Avanza a oportunidade para seguir afianzando o mellor ciclo exportador

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en San Cibrao das Viñas na xornada de presentación dos resultados do programa Galicia Avanza
 

15/02/2023 | 12:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

Rueda anuncia que Galicia presentará un proxecto “forte, sólido e potente” ao Perte Agroalimentario enfocado a modernizar e dixitalizar a industria láctea

En Smartz4milk participan 19 empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento galegos xunto con outros de Asturias, Cantabria, Andalucía, Cataluña e Valencia
 

14/02/2023 | 14:48 | C. de Economía e Industria

Talento, cooperación e sustentabilidade, grandes retos do sector aeronáutico e aeroespacial galego

No marco do V Congreso Internacional Aeronáutico e Aeroespacial, promovido pola Xunta e o Consorcio Aeronáutico Gallego (CAG), avanzáronse os tres primeiros informes do Observatorio da Industria Aeroespacial de Galicia

14/02/2023 | 11:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta anuncia en Punxín que mañá abre o prazo para solicitar as axudas de mellora dos espazos termais de uso lúdico de Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá a área termal do Bañiño, unha das beneficiarias desta liña de apoios

14/02/2023 | 11:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

Rueda salienta a estabilidade da Xunta como garante da prosperidade de Galicia

Comprométese a que a comunidade galega vai seguir sendo “un exemplo de sentidiño” para o resto de España
 

13/02/2023 | 14:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda traslada ao embaixador de Portugal en España a vontade de Galicia por manter os lazos de irmandade a prol do progreso da cidadanía ás dúas beiras do Miño

O titular do Goberno galego agradeceu ao Executivo luso a súa aposta decidida pola conexión ferroviaria de Portugal con España a través de Galicia

13/02/2023 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a transformación dixital e a modernización dos comercios vigueses

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Vigo os establecementos Muebles Edra e Bajozerosnow, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por preto de 200.000€ en 52 negocios da cidade

13/02/2023 | 12:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta creará un consello empresarial para coordinar actuacións no sector aeroespacial a través da colaboración público-privada

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na inauguración da xornada monográfica do Polo Aeroespacial de Galicia organizada xunto co Consorcio Aeronáutico Galego no Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) de Rozas

12/02/2023 | 13:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a rebaixa da factura enerxética dos negocios galegos a través do Bono Enerxía Peme, co que se prevé mobilizar 6 M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Chantada as instalacións do local de restauración A Faragulla e do Hotel Mogay, que participaron na edición anterior desta iniciativa que facilita a incorporación de equipamento máis eficiente e, como novidade, asesoramento técnico personalizado