Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.330 novas da área temática Comercio:

07/08/2024 | 10:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa en Bueu e Cangas de que o prazo de solicitude das axudas para transformar as prazas de abastos en Mercados Excelentes remata o 19 de agosto

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou as prazas de abastos de senllas localidades pontevedresas para dar a coñecer a convocatoria dotada con preto de 1,3 millóns de euros

06/08/2024 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Zona Franca avalían vías de colaboración co fin de seguir potenciando o Instituto Feiral de Vigo

O encontro serviu para avaliar de forma conxunta a oferta de investimento realizada por Zona Franca para este espazo, coa meta da súa dinamización e de blindar o futuro en Vigo de citas estratéxicas como Conxemar

06/08/2024 | 10:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Tui un espazo de divulgación e promoción da construción artesanal de instrumentos musicais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá no Foro Profesional de Instrumentos Musicais Resonancias, promovido pola Xunta e que se celebra hoxe no marco do XVIII festival Música no Claustro

05/08/2024 | 12:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Artesanía de Galicia chega ao Courel con cursos de iniciación e obradoiros abertos para todos os públicos

A Fundación Artesanía de Galicia organiza por cuarto ano consecutivo o evento Artesanía de Galicia no Courel, que da comezo este mércores en diferentes localizacións de Folgoso do Courel

03/08/2024 | 14:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia en Sanxenxo

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración da terceira edición da feira Ofeitoaman Sanxenxo, que este ano estrea localización na Praza de Fonte de Ramos e estará aberta ata o domingo 25

03/08/2024 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
02/08/2024 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reúnese co Concello de Ourense e os praceiros para seguir avanzando na reapertura da Praza de Abastos nº1

A reunión celébrase unha vez entregado o plan funcional do mercado, financiado polo Goberno autonómico e xa aprobado polos praceiros, e que é a folla de ruta para facilitar o traslado dos comerciantes dende a súa ubicación provisional na Alameda e a reapertura do edificio histórico

02/08/2024 | 13:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa esta fin de semana en Mondariz a divulgación dos oficios artesanais

A Fundación Artesanía de Galicia patrocina dous obradoiros de balde especializados en estampaxe coa técnica do Gyotaku e nas cianotipias, impartidos por Peixesapop

01/08/2024 | 17:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o impulso á comercialización da marca Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera aberta en Sanxenxo durante o verán

Trátase do cuarto ano consecutivo no que se leva a cabo esta iniciativa colaborativa, coa que se busca amosar unha escolma do talento artesán galego, do feito á man e da alta calidade da moda

31/07/2024 | 21:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a campaña ‘Merca e Gaña 2024’ de comercio punto Compostela como iniciativa dinamizadora dos centros comerciais abertos galegos

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto de entrega de premios desta iniciativa