Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.743 novas da área temática Emprego:

04/06/2025 | 12:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o impacto da 7ª edición dos bonos Activa Comercio con preto de 500.000 euros mobilizados en menos de dúas horas

José González destacou o éxito desta iniciativa que xa leva arredor de 6.000 negocios adheridos en toda Galicia e volve rexistrar unha resposta masiva da cidadanía, con arraedor de 60.000 bonos xa descargados

04/06/2025 | 11:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade
03/06/2025 | 14:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 410.000 euros no Obradoiro dual de Emprego da Guarda

A provincia de Pontevedra conta con 20 obradoiros duais de emprego que forman a preto de 400 persoas desempregadas e que contan cun orzamento de máis de 8 millóns de euros

03/06/2025 | 13:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colabora coa Asociación de Empresarios de Mos nunha xornada de concienciación e posta en valor da economía social como dinamizador da economía galega

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero participaron en Mos na xornada Compromiso Social: Creando Valor Social e Económico

03/06/2025 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia acada o mínimo de desemprego desde que hai rexistros e roza o máximo histórico de afiliacións con 1.094.806 cotizantes á seguridade social

A comunidade galega rexistra en maio 111.641 persoas desempregadas, o nivel de paro máis baixo de toda a serie por segundo mes consecutivo, tras o rexistrado en abril deste mesmo ano, con 115.545 persoas

02/06/2025 | 15:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta activará este mércores unha nova edición dos bonos Activa Comercio coa previsión de mobilizar 8,5 M€ en vendas nos negocios de proximidade adheridos

O Consello do Goberno galego analizou un informe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración sobre a primeira convocatoria de axudas deste ano dos bonos Activa Comercio, dotada con 2,5 M€ e que publicará mañá o Diario Oficial de Galicia

01/06/2025 | 16:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do Consello Galego de Seguridade industrial como canle de comunicación coas empresas

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participaron nunha nova reunión deste órgano creado o ano pasado