Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras da reforma do firme en catro estradas da comarca de Sarria e Chantada
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas LU-533, LU-536, LU-636 e LU-622, que discorren polos concellos do Saviñao, Sarria e Láncara.
A Xunta recibe 9 ofertas para as obras de renovación do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 12 concellos da provincia da Coruña
O investimento acada os 3,3Me e acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-840, AC-214, AC-400, AC-223 e AC-231, nos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Abegondo, Mesía, Sobrado, Cerceda, Betanzos, Oza-Cesuras, Vilasantar, Curtis e Oleiros
A Xunta licita as obras de mellora dos espazos públicos dos núcleos de Meda e Lamalonga, no concello da Veiga, por 150.000 euros
A actuación enmárcase no Plan Hurbe e permitirá a creación dun un parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes lugares
A Xunta licita por 455.905€ a mellora da rúa Curros Enríquez, no lugar de Feira do Monte, en Cospeito
O obxectivo é ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como beirarrúas e nova iluminación, desta rúa da parroquia de San Xoán de Sistallo, localizada na contorna de protección de Cruceiro do Monte e da Ermida do Monte e, que entronca coa estrada autonómica LU-111
Arias informa a representantes veciñais dos barrios de Paradai e das Gándaras sobre os prazos para a renovación da rúa Serra de Meira
Explicoulles que a Xunta traballa na actualización do proxecto de mellora da vía, que se agarda ter lista no mes de xullo, e lembrou que isto non se puido facer antes polos continuos atrasos nas obras previas que debían executar o Concello de Lugo e a CHMS
A Xunta recibe 10 ofertas para as obras do segundo tramo da autovía AG-59, entre Pontevea, en Teo, e O Rollo, na Estrada
O Goberno galego prevé iniciar as obras deste segundo treito no outono, e que estean rematadas en 2028, completando así a autovía ata o concello da Estrada
Arrancan as obras dunha senda na PO-400 que unirá, nun itinerario peonil, a rúa Vázquez Estévez á rotonda de entrada a Arbo
Os traballos comezaron esta semana e contan cun orzamento de máis de 47.000 euros
A Xunta licita por 260.000 € a obra de cambio de cuberta do ximnasio do Colexio CEIP de Chans-Bembrive, en Vigo
A delegada territorial, Ana Ortiz, visita o centro escolar e avanza que a obra realizarase coa maior rapidez posible, atendendo aos prazos de tramitación
A Xunta ultima as obras de rehabilitación integral do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz de Meira, nas que inviste máis de 900.000 €
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisa os traballos, que estarán finalizados ao inicio do novo curso