Actualidade
Buscador de novas
A Xunta somete a información pública o proxecto para unha senda peonil na estrada AC-862 en Ortigueira, que suporá un investimento de 350.000 €
Habilitarase un novo itinerario duns 500 metros de lonxitude que favoreza o tránsito peonil para as vivendas da contorna, e que permitirá unir o núcleo do municipio e o aparcadoiro que se habilita durante o Festival de Ortigueira
A Xunta somete a información pública o proxecto actualizado de prolongación da autovía da Costa da Morte entre Santa Irena, en Vimianzo, e a conexión coa estrada AC-432
A Administración autonómica investirá 36,4 millóns de euros na construción do novo treito de 5,5 quilómetros, e prevé licitar as obras antes de que remate este ano
Lorenzana aposta por unha Galicia conectada que conte coas mellores redes e infraestruturas eléctricas e de telecomunicacións
Subliña que as redes de telecomunicacións, ao igual que as de transporte de enerxía, son infraestruturas críticas, polo que volve advertir sobre a necesidade de que o Goberno as reforce para garantir a viabilidade dos proxectos industriais previstos en Galicia
Rueda referenda o compromiso da Xunta coa Coruña coa sinatura do convenio para rehabilitar o mercado de Santa Lucía como centro de saúde
A Xunta asumirá o financiamento íntegro da parte sanitaria da transformación do mercado, cun investimento de 5,8 millóns de euros, máis da metade do total
A Xunta inicia as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do lugar do Canedo cun investimento de arredor de 700.000 euros
Ángeles Vázquez salienta que os traballos, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza co ano 2045 como horizonte
As obras da senda do Barbaña, na zona da Avenida de Pardo de Cela, en Ourense, farán necesarias afeccións ao tráfico a partir de mañá
No marco da senda Os Remedios-Expourense, intervirase no cruce da avenida Pardo de Cela, mellorando os movementos peonís e de bicicletas e o paso do Camiño de Santiago
A Xunta inviste máis de 255.000€ na creación dun carril bici e unha senda peonil en Poio coas achegas para proxectos estratéxicos do fondo adicional do fondo de cooperación local
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visita o concello para coñecer as obras, que fomentarán a mobilidade sostible
A Xunta remata a nova senda que une as parroquias de Bamio e Carril en Vilagarcía de Arousa, na que investiu preto de 330.000€
Ademais do itinerario peonil creado na contorna da intersección das estradas PO-548 e PO-192, os traballos permitiron garantir un acceso seguro ao cemiterio de Carril coa execución dun paso de peóns e unha pasarela de madeira dende a estrada
A conselleira María M. Allegue pon en valor a aposta da Xunta pola conectividade da Costa da Morte coa prolongación da autovía outros 5,5 quilómetros, que suporá un investimento de 36 M€
Allegue anunciou que proximamente se someterá a información pública a actualización do proxecto de prolongación da autoestrada entre Santa Irena en Vimianzo e a AC-432, prevendo licitar a obra antes de que acabe o ano