Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.668 novas da área temática Mar:

01/10/2024 | 12:44 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada ao embaixador da Arxentina o compromiso de afianzar as relacións para avanzar nos intereses das empresas galegas e da colectividade

Salientou a importancia de colaborar en materia pesqueira, onde as compañías galega xeran 5.500 empregos na Arxentina

30/09/2024 | 19:32 | C. do Mar

Alfonso Villares estreita lazos institucionais e económicos pesqueiros cos países de Arxentina e Namibia

As xuntanzas serviron para afianzar alianzas, co fin de crear un efecto tractor que impulse a economía local, mediante a xeración de emprego e riqueza, impulsando o desenvolvemento das zonas costeiras e do conxunto do país

30/09/2024 | 16:13 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o liderado de Galicia no naval e a industria pesqueira ao apostar pola innovación e sustentabilidade como claves para o seu futuro

Asegurou que o novo barco construído polo estaleiro Nodosa para Pescapuerta é un exemplo da marca Galicia Calidade 

30/09/2024 | 14:13 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca que Conxemar sitúa a Galicia como epicentro da industria da transformación e comercialización de produtos pesqueiros en Europa

O titular de Mar pon en valor o papel de protagonista indiscutible da comunidade representando o 33,9% das empresas, máis do 50% dos ingresos de explotación e o 41,3% dos empregos

29/09/2024 | 15:31 | C. do Mar

Cetmar colabora coa FAO na profesionalización do sector pesqueiro de São Tomé e Príncipe

O Centro Tecnolóxico do Mar traballará no recoñecemento das competencias profesionais dos pescadores e no deseño de dúas embarcacións adaptadas ás necesidades da pesca artesanal na zona

27/09/2024 | 16:26 | C. do Mar

Alfonso Villares aposta polo emprendemento e a innovación para dar maior valor engadido aos produtos da pesca artesanal

O titular de Mar puxo como modelo o proxecto Abrumar I+D+i by SantiPerez que procura experimentar con novas presentacións da materia prima así como elaborar produtos veganos con algas mariñas atendendo ás ultimas tendencias de consumo 

27/09/2024 | 12:43 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa máis de 28 quilos de ameixa en Ferrol

É o resultado dun operativo contra o furtivismo realizado o 18 de setembro, que se saldou coa tramitación de sete actas de sanción pola Lei de Pesca de Galicia

27/09/2024 | 09:45 | C. do Mar

Alfonso Villares sitúa a loita contra a pesca ilegal como unha prioridade e destaca o seu impacto no sector e no medio ambiente

Sinala que segundo un estudo da Universidade de Santiago de Compostela cada ano de media detéctanse en Galicia ao redor de 1.750 furtivos que poden chegar a capturar ilegalmente máis de 73 toneladas de marisco