Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 22 novas da área temática Artesanía:

11/11/2026 | 10:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta difunde o oficio da elaboración de zocos en Lalín e na Estrada a través de Artesanía na Escola

A artesá Elena Ferro achegouse esta semana ao CEIP Xoaquín Loriga e ao CEIP Plurilingüe de Oca para mostrar o proceso de elaboración dos zocos ás nenas e nenos que estiveron traballando previamente coa unidade didáctica ‘Eu son zoqueira’

09/11/2026 | 13:21 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca en Etiqueta Negra o potencial da Artesanía Alimentaria Galega para acceder a novos mercados

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitou a Feira do Gourmet Galego, na que participaron empresas recoñecidas co selo Artesanía Alimentaria de Galicia

07/11/2026 | 15:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo visita o obradoiro Taller Viola, beneficiario das axudas da Xunta para impulsar a comercialización da artesanía galega

A delegada da Xunta  destacou que o obradoiro Taller Viola, situado en Oza-Cesuras, transforma flores e plantas naturais en lámpadas e pezas decorativas únicas mediante unha técnica artesanal que combina elementos vexetais prensados e pergamiño

07/11/2026 | 09:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Os obradoiros Aitor Martínez, Alberto Taboada e Belategui Regueiro competirán polo premio Artesanía de Galicia 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presidiu onte en Santiago de Compostela a reunión do xurado destes galardóns, no que se decidiu nomear tres finalistas do Premio Artesanía de Galicia 2026 dotado con 9.000 euros

20/10/2026 | 16:22 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a fortaleza e a proxección internacional do sector galego do viño

A conselleira do Medio Rural visitou a adega Ramón do Casar, situada no concello de Castrelo de Miño no marco da programación do Galician Wine Educator 2026

15/10/2026 | 12:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia 97 entidades con preto de 274.000€ euros co fin de impulsar a promoción e a comercialización da artesanía galega

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria de 2026, da que se beneficiaron un total de 90 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, dúas asociacións profesionais de persoas artesás e cinco concellos

14/10/2026 | 14:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra que Galicia sexa a comunidade con máis finalistas nos ‘XIX Premios Nacionais de Artesanía’, cun total de cinco candidaturas

Os ceramistas de Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas —especializada en feltro— é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento

13/10/2026 | 16:45 | C. do Medio Rural

Medio Rural impulsa en Sober a elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A xornada forma parte do ciclo de Aulas Abertas de Artesanía Alimentaria, promovido por AGACAL para divulgar as oportunidades de diferenciación e creación de valor destas producións

01/10/2026 | 15:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta eleva neste mes de outubro a 27 os obradoiros duais de emprego en marcha na provincia da Coruña con 530 participantes e un investimento de máis de 13 M€

José González pon en valor o obradoiro dual ‘Reserva da Biosfera: Emprego Verde IV’ compartido por Abegondo, Bergondo, Carral, Oza-Cesuras, Paderne e Sada, con 20 participantes en senllas especialidades relacionadas co sector forestal e a construción

28/09/2026 | 18:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa hoxe e mañá en Chantada un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes no taller, que esgotou as prazas dispoñibles