Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana anima as empresas galegas a sumarse á ampliación de capital de RDG
O que se busca é seguir fortalecendo desde o punto de vista financeiro a sociedade para que teña máis capacidade de seguir investindo en activos enerxéticos, explica
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta para mellorar a eficiencia enerxética do novo local cultural no antigo CEIP de Visantoña en Santiso optimizando o servizo á cidadanía
O Concello contou cunha achega do Goberno galego de case 26.000 euros para Mellora da eficiencia enerxética coa substitución da carpintería exterior do antigo CEIP de Visantoña
A Xunta pide unha planificación enerxética que saiba anticipar as necesidades industriais para non agardar anos polas conexións e garantir investimentos
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, interveu hoxe nunha mesa redonda na Escola de Verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)
A Xunta sitúa como obxectivo da axenda enerxética de Galicia a descarbonización dos principais sectores económicos
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, interveu hoxe na Xornada de Descarbonización industrial e tecnoloxías de captura, transporte, almacenamento e uso do CO²
A Xunta destaca o potencial de Galicia para ser un referente na reutilización de baterías de vehículos eléctricos, un sector clave na transición ecolóxica
Ángeles Vázquez explica que desde 2024 a planta pontevedresa desenvolve un proxecto piloto e pioneiro en Galicia que permite desmontar e analizar cada cela de ión-litio para aproveitalas na fabricación de novos sistemas de almacenamento
A Xunta destina os 3 M€ da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental a máis dun cento de proxectos de entidades locais
O Diario Oficial de Galicia publica as iniciativas presentadas polas entidades beneficiarias, unha ducia delas promovidas por mancomunidades e consorcios, 16 por agrupacións de concellos e 80 proxectos de concellos, para accións a prol da biodiversidade, do coñecemento dos recursos naturais, da recuperación da contorna e da eficiencia enerxética
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para o almacenamento de enerxía eléctrica no Rosal
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña efectos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta e a firma ferrolá Electrorayma colaboran no desenvolvemento dunha ferramenta para dixitalizar procesos técnicos a través da realidade virtual
O director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acudiu esta mañá á presentación de SAAM, unha solución innovadora que está a desenvolver o CIS Tecnoloxía e Deseño , dependente da Consellería de Economía e Industria
ITG, Naturgy e Flything desenvolverán unha plataforma enerxética para transformar residuos en produtos de alto valor engadido co apoio da Xunta
A alianza entre o centro tecnolóxico e as empresas é posible grazas ao programa de unidades mixtas de investigación promovido polo Goberno autonómico