Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.228 novas da área temática Mar:

12/11/2026 | 12:00 | C. do Mar

Villaverde destaca en Vilagarcía a importancia de achegar o valor nutricional e a calidade do Mexillón de Galicia aos máis novos

A conselleira do Mar participou no CEIP A Lomba nunha xornada divulgativa organizada polo Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia para fomentar hábitos de alimentación saudables entre o alumnado

11/11/2026 | 18:09 | C. do Mar

Villaverde destaca en Ribeira a calidade da centola galega na apertura da nova campaña

A conselleira do Mar asistiu á descarga deste crustáceo na lonxa ribeirense, un dos principais puntos de comercialización da especie en Galicia

11/11/2026 | 12:15 | C. do Mar

Villaverde preside a toma de posesión dos novos directores xerais de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e Desenvolvemento Pesqueiro

Ángeles V. Suárez asume a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica tras exercer desde xuño de 2025 como directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

10/11/2026 | 15:09 | C. do Mar

Martina Aneiros destaca o apoio do Goberno galego á modernización do transporte no sector pesqueiro

A delegada de Ferrol coñeceu esta mañá un proxecto de innovación e eficiencia no transporte de produtos pesqueiros posto en marcha por un armador da Confraría de Pescadores de Ferrol beneficiario das axudas da Consellería do Mar a través das EDLP

10/11/2026 | 13:45 | C. do Mar

Villaverde presenta nas catro provincias a nova campaña de foodtrucks de Galicia Sabe AMAR para fomentar o consumo de peixes e mariscos galegos

A conselleira do Mar participa na presentación das catro unidades móbiles en actos en Vigo, Ribadavia (Ourense), Lugo, A Coruña e Ferrol

10/11/2026 | 11:52 | C. do Mar; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Villaverde defende en Vigo que manter unhas condicións laborais dignas é imprescindible para a sostibilidade do sector pesqueiro

A conselleira do Mar participou na inauguración dunha consulta técnica internacional da FAO, organizada en colaboración con Conxemar, para avanzar na revisión final das directrices sobre responsabilidade social na pesca e na acuicultura

07/11/2026 | 14:35 | C. do Mar

Villares clausura as Xornadas Técnicas da pesca de Celeiro, que reuniron a máis dunha trintena de expertos

O delegado territorial da Xunta en Lugo gabou “o dinamismo e o compromiso do sector en Galicia” para afrontar retos como o relevo xeracional ou o cambio climático