Actualidade
Buscador de novas
A Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 incorpora unha liña específica para mellorar a accesibilidade ás terapias farmacolóxicas
O representante da Xunta destaca que Galicia xa conta con avances consolidados como as unidades funcionais multidisciplinares de enfermidades raras, o Rexistro Galego de Enfermidades Raras ou o desenvolvemento do diagnóstico xenético
A Xunta licita por máis de 290.000 euros a subministración de mobiliario xeral e de oficina con destino ao Centro de Protonterapia de Galicia
O equipamento consiste en mobiliario de oficina, taquillas, vestiarios e estantes, entre outros
A Xunta inicia nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos
Gómez Caamaño sinala que en Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a inmunización fronte á covid
A Xunta avanza nas obras do proxecto piloto para crear espazos individualizados de atención á cidadanía nos centros de saúde
As intervencións realízanse nos centros de saúde de Ordes, Os Rosales da Coruña, Pontedeume, A Guarda, Monforte de Lemos e Virxe da Peregrina en Pontevedra
A Estratexia en compra pública de innovación do Servizo Galego de Saúde gaña os European Public Sector Awards 2025-26
Resultou gañadora na categoría de ‘Prestación de servizos centrados no usuario a nivel subnacional’, tras concorrer con outras 36 iniciativas
Gómez Caamaño participa en Santiago na Andaina solidaria en marcha contra o cancro e amósase orgulloso de que Galicia opte a integrar a rede europea de centros de excelencia fronte ao cancro
O conselleiro de Sanidade pon en valor o labor da Asociación Española contra o Cancro tanto no acompañamento aos pacientes e ás familias, como no impulso da prevención e a investigación
O 061 de Galicia asistiu máis de 2.200 persoas por 1.745 accidentes de tráfico durante o verán
Desde as 15,00 horas do venres 26 de xuño ata as 23,59 horas do domingo 6 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 2.237 chamadas por accidentes de tráfico
A Consellería de Sanidade destaca o xogo como ferramenta de lecer educativa no marco da prevención das condutas adictivas na infancia e adolescencia
A secretaria xeral técnica subliña o traballo da Dirección Xeral de Saúde Pública en materia de promoción da saúde
Gómez Caamaño destaca que a sanidade pública galega realiza tele-asistencia domiciliaria de 250 pacientes con insuficiencia cardíaca grazas á plataforma Telea
Incide en que Galicia destaca por ser unha das comunidades que máis reduciu a súa mortalidade cardiovascular nos últimos anos, o que reflicte o traballo clínico, a organización asistencial e a cultura de mellora continua