Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 710 novas da área temática Familias:

16/11/2026 | 17:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo de inscrición para o programa Xuntos polo Nadal

A iniciativa está dirixida ás persoas de 60 anos ou máis que estean soas nestas datas, e levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027, en tres quendas das que os interesados poden elixir unha

16/11/2026 | 15:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta entregará gratuitamente ás familias un dispositivo antiesquecemento de bebés nos vehículos

Salienta que “Galicia vai ser pioneira” á hora de distribuír este sistema de seguridade entre os pais e nais de fillos menores de 2 anos

13/11/2026 | 14:04 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo anuncia que Vilasantar contará cunha nova casa niño para reforzar a conciliación no rural

A delegada da Xunta destacou que a Xunta apoiará a posta en marcha de cinco novos recursos en Galicia, dous deles na provincia da Coruña, concretamente na comarca de Betanzos, Vilasantar e Vilarmaior, cun investimento conxunto de case 121.000 euros en axudas ao funcionamento e investimentos

13/11/2026 | 12:00 | C. de Política Social e Igualdade

Ángeles Vázquez destaca os valores compartidos coa Fundación Dignidade na protección e acompañamento da infancia e adolescencia vulnerable

Durante o encontro, coñeceu as iniciativas da entidade para a atención dos menores e tamén para fomentar a súa autonomía no futuro

10/11/2026 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

Ortiz fai un chamamento á solidariedade da cidadanía viguesa para doar regalos na nova campaña “Cada neno un xoguete”

A delegada da Xunta participou na presentación da iniciativa solidaria que xa repartiu máis de 180.000 xoguetes entre os pequenos vigueses

09/11/2026 | 12:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta favorece a corresponsabilidade a e conciliación de máis de 300 familias a través das axudas de redución de xornada

O Goberno galego investiu 620.000€ nesta orde de achegas que busca fomentar que cada vez máis homes asuman o coidado familiar