Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026

de acordo co título I do libro primeiro do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, e no Decreto 219/2008, do 25 de setembro, sobre inspección de industria na Comunidade Autónoma de Galicia apróbase o obxecto, contido e ámbito de actuación que fundamentan o plan de inspección en materia de seguridade industrial para o ano 2026.

O obxectivo é a comprobación da adecuación da posta en funcionamento e as condicións de servizo dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto dos regulamentos de seguridade e da normativa que lles sexan aplicables.

O Plan está composto por cinco programas:

  1. Instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial que abrangue os sectores: Instalacións eléctricas de baixa tensión, Alta tensión e centros de transformación particulares, Ascensores, Instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos: subministración a vehículos, Instalacións de almacenamento de produtos petrolíferos para a subministración de combustible a vehículos propios, Instalacións térmicas nos edificios, Instalacións de almacenamento de produtos químicos, Instalacións de seguridade contra incendios en establecementos industriais con nivel de risco intrínseco baixo, Instalacións con equipos a presión, Guindastres Torre.
  2. Empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial.
  3. Accidentes graves que se refire á inspección dos establecementos industriais afectados polo Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, no seu nivel superior e inferior.
  4. Organismos de control
  5. Persoas técnicas tituladas competentes As direccións territoriais da Consellería de Economía e Industria son as encargadas da selección dos establecementos, instalacións e actividades obxecto de inspección considerando criterios de oportunidade e aleatoriedade.

A vixencia do Plan comenza o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2027.

A Consellería de Economía e Industria dará conta dos resultados do Plan de inspección e das conclusión derivadas da súa execución no Parlamento de Galicia, por medio da Comisión de Industria.

Data de aprobación do Plan: 08/07/2026