CRITERIOS PARA A PUBLICACIÓN E ENVÍO DE ORIXINAIS A REXUGA
Normas de presentación
O consello de redacción de REXUGA elaborou as seguintes normas de publicación e envío dos artigos co fin de unificar os estilos e criterios de edición da revista e facilitar o envío por parte dos seus colaboradores e colaboradoras:
- Os artigos ou recensións que se propoñan para a publicación no REXUGA deberán ser orixinais e non publicados ou propostos para tal fin noutra revista.
- Presentaranse en formato DIN A-4, interliñado 1,5, letra Times New Roman de 12 puntos, nunha soa cara e numeradas, non excedendo de 20 páxinas. En casos excepcionais, aceptaranse traballos de ata 40 páxinas, baixo o beneplácito do Consello de redacción. Deben ir acompañados en formatos recoñecibles polo procesador de texto Microsoft Word en calquera das súas versións para Windows. A lingua utilizada será o galego ou o castelán.
- Todos os artigos se publicarán en galego e castelán, polo que, no seu caso, serán debidamente traducidos a lingua que corresponda.
- Os traballos presentaranse precedidos dunha folla na que se indicará:
- Título
- Breve resumo do seu contido, en español, galego ou inglés.
- Entre catro e oito palabras clave (keywords), en español, galego ou inglés.
- Curriculum breve do autor o autores e os seus datos persoais: enderezo profesional, teléfono e e-mail.
- Na primeira páxina figurará o título do traballo, o máis especifico e breve posible, podendo completarse cun subtítulo de información complementaria. Baixo este, aparecerá o nome do/a autor/a ou autores/as, con indicación da súa profesión ou cargo co que desexen ser presentados/as. Deseguido, o sumario do artigo, coas distintas epígrafes da súa estrutura.
- Os epígrafes numeraranse só con caracteres romanos.
- As notas, cuxo uso non debe ser excesivo, deben ir numeradas correlativamente,con caracteres arábigos, colocadas ao final de cada páxina e facendo referencia aelas no texto con números superíndices.
- No caso de que se utilicen abreviaturas ou siglas incluirase a súa listaxe a continuación da bibliografía (cando se escriba por primeira vez un acrónimo ou sigla debe consignarse entre parénteses o seu significado completo).
- Referencias bibliográficas: a bibliografía deberá aparecer completa ao final do artigo, ordenada alfabeticamente e cronoloxicamente no caso de tratarse de varios traballos dun mesmo autor ou autora.
- 9.1 As referencias bibliográficas para documentos impresos faranse de acordo coa normativa internacional, norma ISO 690:1987, do seguinte xeito: poranse en cursiva o nome das revistas e o título das monografías. A puntuación e a orde axustaranse aos modelos seguintes:
- Monografías:
Exemplo FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Juan José. Manual de notificaciones administrativas.Madrid: Cívitas, 2002. - Parte dunha monografía
Exemplo: MUÑIZ. J. Tratamiento quirúrgico del ulcus gastroduodenal. En MORENO GONZÁLEZ, E. (dir.) Actualización en cirugía del aparato digestivo. Madrid: Jarpyo, vol. IV, p. 367-369. - Publicacións seriadas
Exemplo: comunications equipment manufacturers. Manufacturing and Primary Industries División, Satatics Canada, Preliminary edition. Otawa: Statics Canada, 1971. Annual census of manufactures. Texto en ingles e francés. ISSN 0700-0758.
- Monografías:
- 9.2 No caso de ter que citar recursos electrónicos, deberase seguir a Norma internacional ISO 690- 2:1997.
- 9.1 As referencias bibliográficas para documentos impresos faranse de acordo coa normativa internacional, norma ISO 690:1987, do seguinte xeito: poranse en cursiva o nome das revistas e o título das monografías. A puntuación e a orde axustaranse aos modelos seguintes:
- No caso de colaboracións á sección “Recensións”, a lonxitude máxima será a catro páxinas. As recensións deberán ter un contido crítico, máis que simplemente expositivo.
- O repertorio reserva o dereito de decidir sobre a publicación ou non dos orixinais remitidos e non se identifica necesariamente co contido dos traballos que se publiquen nel.
- Una vez aceptado o traballo, a REXUGA resérvase o dereito de modificar calquera elemento formal do traballo co fin de dar coherencia global á revista, adecuando o texto ás normas de presentación de orixinais.
- Poderase pedira ao autor/a ou autores/as unha corrección de imprenta, en cuxo caso deberán devolverse no prazo de 72 horas.
- Tanto para remitir os traballos como para resolver calquera dúbida relacionada coa aplicación destas normas pode poñerse en contacto con REXUGA no correo revista.asesoria.xuridica.xeral@xunta.es ou dirixirse por correo ordinario a:
Biblioteca da Asesoría Xurídica Xeral
Edificio San Caetano, nº 1
15704 Santiago de Compostela