...

Xunta de Galicia

Tradutor Gaio

A aplicación permite acceder desde dispositivos móbiles ao tradutor automático da Xunta de Galicia.

Esta aplicación facilita o acceso, desde dispositivos móbiles, ao tradutor automático da Xunta de Galicia, que permite a tradución automática de textos entre galego, castelán, inglés, portugués, francés e catalán.

Conta con versións para os sistemas operativos Android e iOs e cunha interfaz moi sinxela e intuitiva, ademais dunha páxina de “Preguntas frecuentes”, na que se poden resolver as dúbidas máis habituais sobre o uso da aplicación. A persoa usuaria pode gardar as súas traducións favoritas, enviar suxestións para completar e mellorar os dicionarios de Gaio e configurar os idiomas por defecto e tamén se a aplicación debe, ou non, marcar as palabras descoñecidas.

Esta app beneficiarase ademais de todas as melloras que se vaian incorporando aos dicionarios da aplicación web, que leva máis de dous anos en funcionamento a nivel interno na Xunta de Galicia e está dispoñible para toda a cidadanía desde setembro de 2015.

Android
iOS
Tema: Cultura e ocio
Departamento: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  • whatsapp whatsapp