Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.624 novas da C. do Medio Rural:

26/07/2026 | 15:22 | C. do Medio Rural

A Xunta atende á petición de Castela e León de manter os medios de extinción despregados na comunidade tras unha avaliación técnica da situación en Galicia

O Goberno autonómico envía hoxe un relevo para substituír aos profesionais mobilizados o pasado xoves en León, aos que agora se suma un novo axente

24/07/2026 | 18:51 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a aposta das mulleres emprendedoras por xerar emprego nas zonas rurais

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural clausurou hoxe o Programa de Aceleración de Mulleres Emprendedoras do Medio Rural

24/07/2026 | 18:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural reafirma o seu compromiso coa remuda xeracional na VIII Escola de Futuros Gandeiros de Lalín

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu á demostración de Preparación e Presentación de animais celebrada no marco desta iniciativa

24/07/2026 | 18:19 | C. do Medio Rural

Medio Rural enxalza o sector vitivinícola como motor para xerar emprego e manter vivo o territorio na Festa do Viño de Monterrei

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu á presentación da XIX Festa do Viño de Monterrei, que terá lugar os vindeiros 7, 8 e 9 de agosto en Verín

24/07/2026 | 15:15 | C. do Medio Rural

Galicia mobilizará medios terrestres e aéreos e máis de 60 efectivos para apoiar na extinción dos incendios de Madrid e Castela e León

Esta colaboración enmárcase no contexto actual de declaración de Emerxencia de Interese Nacional realizada polo Goberno de España

23/07/2026 | 19:34 | C. do Medio Rural

Medio Rural detecta un caso de lingua azul do serotipo 8 nunha explotación bovina de Lugo

Son os primeiros animais confirmados por esta enfermidade en Lugo no 2026 desde a finalización en abril do período invernal libre de circulación do vector transmisor, sendo a segunda provincia en Galicia, tras A Coruña, na que se detecta circulación viral

23/07/2026 | 17:51 | C. do Medio Rural

O delegado da Xunta enxalza en Becerreá o traballo que realizan os profesionais do servizo de prevención e loita contra os incendios

Villares visitou ao equipo de persoal do Distrito Forestal VII A Fonsagrada - Os Ancares e coñeceu o funcionamento da unidade batracio, pioneira na comunidade

23/07/2026 | 17:11 | C. do Medio Rural; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Medio Rural pon ás persoas no centro do valor patrimonial da Ribeira Sacra xunto coa paisaxe, a historia e o viño

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, apostou por un territorio que “ten que estar vivo” na apertura do Foro Territorios Patrimonio en Sober

23/07/2026 | 16:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

Villares e a alcaldesa de Paradela analizan os proxectos e investimentos da Xunta no concello

O delegado territorial de Lugo destacou o apoio para acondicionar infraestruturas municipais como a escola de música, así como as obras de mellora previstas na estrada autonómica LU-633 entre Sarria, Paradela e Portomarín

23/07/2026 | 16:27 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural dedica 390.000 euros a protexer o patrimonio xenético e a sustentabilidade do rural galego

O prazo de solicitude da convocatoria de axudas á recría de razas autóctonas de ruminantes ameazadas está aberta ata o 3 de agosto