Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.345 novas:

26/04/2024 | 11:58 | C. de Economía e Industria

Galicia exhibe en California os avances en i+d+i aplicada ás tecnoloxías de sistemas non tripulados desenvolvidos no polo aeroespacial

Unha delegación galega participou en Xponential 2024, o principal evento do segmento das tecnoloxías de vehículos e sistemas non tripulados en San Diego, onde se compartiron as solucións máis innovadoras en robótica intelixente e drons

26/04/2024 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilita dende este luns os desprazamentos de Santiago ata o lugar da Agrela en Teo mediante o transbordo na Ramallosa

O servizo con saída ás 21,30 horas da Ramallosa e destino O Espiño atrasará a súa saída en 15 minutos para facilitar enlace dos usuarios procedentes de Compostela que se dirixan cara á Agrela nesa franxa horaria

26/04/2024 | 11:05 | C. do Medio Rural

A Xunta completa traballos preventivos nuns 50 quilómetros de pistas e nunhas 10 hectáreas de cortalumes do distrito forestal VIII Terra de Lemos

Os traballos leváronse a cabo en parroquias dos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, A Pobra do Brollón e Sober para seguir mellorando as infraestruturas de prevención fronte o lume

26/04/2024 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á mocidade o uso do transporte público gratuíto

A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar

26/04/2024 | 09:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª edición do Bono Activa Comercio dotada con 2,5 M€

A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través destes bonos desconto de ata 30 euros por persoa

25/04/2024 | 19:34 | A Presidencia da Xunta

Manuel Pardo agradece a confianza do presidente Rueda para dirixir a delegación territorial da Xunta en Ourense

O delegado territorial manifestou que asume o cargo con humildade, orgullo e infinito sentimento de honra

25/04/2024 | 17:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
25/04/2024 | 17:11 | C. do Mar

Alfonso Villares agradece ao sector o apoio á Lei do Litoral galega e aposta pola cogobernanza para abordar o deseño de novas medidas nesta lexislatura

Primeira xuntanza tras a toma de posesión do responsable autonómico que considera que a sentenza do Tribunal Constitucional abre un novo escenario para o desenvolvemento da política pesqueira na comunidade