Mobem

Aplicación dirixida a demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. Permite á persoa usuaria renovar a demanda de emprego, consultar as súas citas de orientación laboral, as próximas datas de renovación de demanda e as ofertas nas que é candidata.

Mobem é unha aplicación nativa desenvolvida polo Servizo Público de Emprego de Galicia e dispoñible nas plataformas móbiles Android, iOs e Huawei.

Permítelle a calquera demandante de emprego realizar unha serie de xestións e consultas:

  • renovar a demanda de emprego;
  • consultar as citas de orientación laboral;
  • consultar as próximas datas de renovación da demanda,
  • e consultar as ofertas nas que é candidato.

Tras a súa última actualización, Mobem incorporou tamén as achegas realizadas polos seus usuarios, mediante un sistema que lles permite recibir nos seus terminais unha notificación cada vez que se produce un evento que poida ser do seu interese.

Para poder utilizar esta aplicación é necesario estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego en situación administrativa de "alta". Precísase un identificador de usuario e un contrasinal de acceso, os mesmos que se utilizan para acceder á Oficina Virtual de Emprego. Se carece deles deberá solicitalos persoalmente na súa oficina de emprego, e seránlle enviados á conta de correo electrónico indicada.

Descarga