Sendegal

Unha aplicación que permite coñecer as rutas oficialmente homologadas de Galicia para o sendeirismo, integrando a descrición de cada unha delas coa súa visualización, perfil topográfico, grao de dificultade... así como as valoracións e comentarios útiles doutras persoas que xa a percorreron antes.

  • whatsapp
Descarga
Android
iOS

Con esta aplicación, Turgalicia promove e potencia a actividade do sendeirismo como unha maneira de aproximarse aos espazos naturais e ao patrimonio etnográfico e monumental de Galicia, como un complemento ao desenvolvido do turismo sostible.

Dispoñible de forma gratuíta para as plataformas móbiles Android e iOs, Sendegal permite coñecer os sendeiros oficialmente homologados de Galicia para gozar de moitas xornadas de sendeirismo.

Para cada unha destas sendas, a aplicación dispón dos planos de cada ruta, que poden descargarse e/ou gravarse previamente na memoria do teléfono, co que durante a ruta se pode empregar o dispositivo no modo en liña ou non. En ambos os dous casos, o GPS indica a posición para poder seguir o camiño sen dificultade.

Sendegal incorpora tamén un modo de buscas por listaxe ou mapa, que proporciona información sobre:

  • A lonxitude da ruta
  • O tempo estimado do percorrido
  • O grao de dificultade
  • O perfil topográfico
  • Imaxes e outros datos de interese
  • Valoracións ou comentarios de utilidade para outras persoas que fan sendeirismo

Ademais, están dispoñibles os perfís propios da aplicación nas principais redes sociais especializadas en sendeirismo (Every Trail, Wikiloc e ikiMap), nas que se poden consultar, ou descargar directamente ao dispositivo móbil, as rutas homologadas en Galicia.

Departamento: Axencia de Turismo de Galicia