abalarMóbil

Unha nova ferramenta para a comunicación entre as familias e os centros educativos. Enmárcase no proxecto Abalar, unha iniciativa de integración das tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa en Galicia.
 

  • whatsapp
Descarga
Android
iOS

A través desta aplicación as familias poden seguir a actividade educativa dos/as fillos/as de forma cómoda e rápida, o que permite aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias.

Cada estudante conta cun perfil propio, o que lle vai a permitir ás familias dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado
  • Modificar o idioma da aplicación

 

A aplicación funciona xa en 236 centros das 4 provincias galegas, de maneira que está dispoñible para 82.000 familias.

Nos próximos meses o funcionamento de abalarMóbil ampliarase paulatinamente ao resto dos centros educativos. A previsión, unha vez que se alcance o pleno funcionamento, é que se atope dispoñible para preto de 500.000 pais e nais.

Ligazón
Departamento: C. de Educación, Universidade e Formación Profesional