DOG

A aplicación da Xunta de Galicia para a consulta da información do Diario Oficial de Galicia. Todas as publicacións do DOG dispoñibles no móbil, con novas opcións de localizar e organizar a información de interese para cada persoa usuaria.

A aplicación do DOG no móbil actualízase de xeito constante coa reutilización da información procedente da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica no portal https://www.xunta.gal. Está dispoñible para os sistemas operativos Android e iOS, tanto en galego como en castelán.

A aplicación permite consultar a información dispoñible no Diario Oficial do mesmo xeito que se faría a través da web, coas opcións de:

  • consultar o último diario dispoñible
  • realizar unha busca para unha data concreta
  • acceder ao contido directamente na aplicación e descargalo en formato pdf

Pero, ademais, o DOG para dispositivos móbiles abre unha serie de posibilidades novas ás persoas usuarias:

  • filtrar os artigos por seccións (disposicións xerais, autoridades e persoal, anuncios...)
  • filtrar os artigos por rangos (lei, decreto, orde, resolución...)
  • seleccionar os artigos por área temática (ensino e formación; medio ambiente; ciencia e tecnoloxía; economía, empresa e emprego...)
  • seleccionar os artigos por colectivo ao que van dirixidos (autónomos/as, desempregados/as, empresas, emigrantes, pais e nais...)
  • engadir ou eliminar artigos nunha lista de favoritos

Descarga

Ligazóns relacionadas