MeteoGalicia
A aplicación oficial de MeteoGalicia ofrece a información meteorolóxica máis completa para a comunidade galega, dunha maneira intuitiva e atractiva.
Coa nova app pódese consultar a predición meteorolóxica detallada por concello para os próximos 10 días, o estado do mar, predicións para todas as praias de Galicia, predición xeral e mareas.
Desde a sección "Observación", tamén se pode acceder ás imaxes en tempo real do radar de MeteoGalicia e do satélite Meteosat, así como visualizar vídeos das últimas horas destes dous servizos.
Nas próximas versións está previsto que se poida acceder a datos en tempo real das estacións meteorolóxicas, de calidade do aire e de boias oceanográficas da Xunta de Galicia, así como avisos meteorolóxicos por concello.
Esta aplicación gratuíta está dispoñible para dispositivos Android e iOS, tanto smartphones como tablets. Está previsto que en próximas versións a app estea dispoñible tamén para dispositivos con Windows Phone e BlackberryOS.