Non piques – Non peques

Esta aplicación permite coñecer cales son os peixes e mariscos máis habituais en Galicia, cal é a mellor época do ano para o seu consumo e como identificar, de forma moi sinxela, os tamaños mínimos legais para o seu consumo.

  • whatsapp
Descarga
Android
Windows Phone
iOS

"Non piques, non peques" é unha aplicación móbil que, ao igual que a campaña do mesmo nome, xorde co obxecto de fomentar o respecto ás tallas mínimas establecidas pola Lei e ás especies ovadas ou que aínda non chegaron á súa madurez e para que se cumpran os períodos de veda nos que non se poden consumir.

Dispoñible tanto en galego como en castelán, permite seleccionar varias especies entre as seguintes categorías: bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos, gasterópodos e peixes; e coñecer, para cada unha desas especies:

  • Cal é a mellor época do ano para comprala e consumila
  • Identificar de forma sinxela e rápida cales son os tamaños mínimos legais para o seu consumo (indicando a medida estándar da súa talla mínima pero tamén comparando esa medida con obxectos que resulten facilmente recoñecibles; por exemplo, "aproximadamente a talla dunha botella de auga de medio litro", "aproximadamente o tamaño dunha folla de papel A4", "aproximadamente a talla dun bolígrafo"...
  • Coñecer de forma visual e amena cales son os pescados e mariscos máis habituais en Galicia

 A aplicación incorpora tamén información gráfica sobre cal é a forma máis apropiada para tomar as medidas de determinadas especies de peixes, bivalvos, crustáceos...

Departamento: C. do Mar