Transporte Público de Galicia
Aplicación oficial de transporte público da Xunta Galicia que permite coñecer o estado das recargas dispoñibles para as tarxetas metropolitanas e tarxetas TGM Xente Nova.
Se é vostede usuario/a frecuente do transporte metropolitano (realiza polo menos 41 viaxes ao mes), se ten dereito a bonificacións sociais ou dispón da tarxeta Xente Nova, esta aplicación permítelle, a través do seu dispositivo móbil, rexistrar as súas tarxetas de transporte público, ver o resumo de reembolsos realizados e recibir notificacións das recargas pendentes para evitar que caduquen.
Pode asociar un nome a cada tarxeta para que lle resulte máis sinxelo realizar o seguimento.
Tamén poderá consultar un resumo de todas todas as tarxetas ou acceder á información máis precisa de cada unha delas, modificar os seus datos ou enviar suxestións sobre o servizo.