Camiño de Santiago en Galicia

Unha app que nace co fin de ser a guía de peto que acompañe ao peregrino na súa viaxe. Forma parte do proxecto Smart Camiño.

A app achega información sobre todas as rutas do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.

O/a usuario/a disporá en tempo real da información sobre:

  • Trazados oficiais das rutas. Ademais, para os/as usuarios/as rexistrados/as permitirá acceder ás rutas personalizadas no portal.
  • Rede oficial de albergues coas súas características, horarios, localización, teléfono e fotos.
  • Eventos (festas, concertos, obradoiros...).
  • Todos os recursos turísticos.
  • Onde comer, onde aloxarse, que visitar...
  • Alertas de ofertas publicadas por establecementos turísticos.
  • Condicións meteorolóxicas proporcionadas por MeteoGalicia.
  • Datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias.

A realidade aumentada permitirá, a través da cámara do móbil, visualizar todos os puntos de interese situados nas proximidades.

A opción "O meu diario" permite gardar os momentos máis importantes do Camiño (notas de texto/fotos), para posteriormente crear o seu propio libro dixital a través da funcionalidade do portal "A miña experiencia".

A aplicación está dispoñible nos idiomas galego, español e inglés. Ademais, a maior parte das súas funcións están dispoñibles sen necesidade de cobertura no móbil.

Descarga