Galicia Birding

Aplicación móbil da Axencia Turismo de Galicia para promover e facilitar as visitas a Galicia como destino de turismo ornitolóxico.

Permite coñecer con detalle os lugares máis interesantes de Galicia para observar aves a través dos roteiros especificamente deseñados para tal fin, así como planificar unha estancia no destino escollido (acceso a información sobre aloxamento, restauración e gastronomía, outras opcións de ocio próximas ao destino ornitolóxico escollido...).

Galicia Birding dispón tamén dun caderno de campo onde anotar todos os avistamentos que se poidan facer nas visitas (editalos, compartilos, exportalos a un formato aberto compatible con varias ferramentas ofimáticas...) e que estarán a disposición dos usuarios da aplicación se previamente se rexistraron na páxina web Birding in Galicia. Esta función permitirá tamén recibir información sobre os últimos avistamentos de interese realizados en Galicia por outros observadores.

Descarga
Android
iOS
Departamento: Axencia de Turismo de Galicia