Tráeme

A ferramenta de traballo para os/as vixilantes dos autobuses escolares.

  • whatsapp
Descarga
Android

Esta aplicación móbil está pensada para as persoas encargadas de acompañar os/as estudantes usuarios/as do transporte integrado, ás que lles facilita un método eficaz de rexistro das subidas e baixadas de cada alumno/a nas distintas expedicións e paradas do autobús.

A app contén datos precisos sobre todas as rutas, os días da semana nos que se realizan, o seu horario e a localización das paradas, e permite engadir os nomes dos rapaces e das rapazas para facer un seguimento de cales suben e baixan do bus.  Ademais, ten opcións de personalización dos contidos.
 

Departamento: C. de Educación, Universidade e Formación Profesional