Poxa Lonxas Galegas 4.0

Unha app para que os/as compradores/as profesionais poxen polo peixe e o marisco dende os seus dispositivos móbiles.

Descarga
iOS
Android

Esta aplicación está dirixida a clientes das lonxas adheridas ao proxecto tecnolóxico Primare-Lonxas da Xunta de Galicia, que agora poderán participar on line nas poxas de produto a través de móbiles e tabletas. Accederán ao estado das poxas (en curso, non iniciada ou pechada) e a información de detalle (especie ou lote, cantidade, tamaño, procedencia, prezo de saída etc.) e terán a posibilidade de inscribirse, anular a inscrición, poxar, retirarse e/ou confirmar a compra.

Departamento: C. do Mar