Digalego

Aplicación que permite a busca de termos no dicionario de galego en internet.

A aplicación de Digalego facilita a procura de termos no dicionario de galego en internet, permitindo acceder á súa definición, recursos multimedia asociados, termos veciños, sinónimos, frases feitas etc.

Esta aplicación desenvolveuse dentro do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020, nomeadamente co obxectivo de desenvolver medidas para o fomento do uso do idioma galego nos diferentes eidos sociais e económicos de Galicia que permitan incrementar a dispoñibilidade de produtos e servizos en galego.

O contido do Dicionario de galego en Internet ten como base de partida o Dicionario normativo, editado por Ir Indo Edicións e que foi elaborado seguindo as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, con base léxica no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa). 

Descarga